Publicador de contidos

Publicador de contidos

Hoteis para cans e para gatos xa empezan a encherse

Hoteis para cans e para gatos xa empezan a encherse

Moitos non poden levar a mascota de vacacións ou de viaxe e déixana nestes centros

Dan formación a cans e propietarios
G24.gal 30/06/2025 20:44 Última actualización 30/06/2025 21:12

Malia que cada vez máis hoteis permiten mascotas, nestas datas clásicas de vacacións son moitas as familias que optan por deixar cans ou gatos en residencias para animais. De feito ás portas do mes de xullo a ocupación destes hoteis xa é bastante elevada.

Na Clínica Veterinaria García Barbón teñen oito boxes para acoller gatos. Aquí están tranquilos, teñen unha pequena pasarela e unha casa para durmir e ás veces ábrenlles as comportas para que xoguen con outros. Cada día custa doce euros.

Máis de corenta anos leva Ramalladas a carón do vello zoo de Vigo coidando dos cans cando os seus propietarios non poden facelo. Teñen capacidade para oitenta animais, agora hai sesenta. Custa preto de vinte euros ao día.

Tamén teñen estadías longas. Dan formación a cans e propietarios. Neste hotel canino consideran que as viaxes dos propietarios son cada vez máis frecuentes pero de menos duración.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade