O Imserso penalizará con 100 euros aos pensionistas que acumulen viaxes na próxima tempada
Os pensionistas que reserven máis de dúas viaxes na mesma tempada terán que abonar un recargo de 100 euros por cada reserva adicional
Outra das novidades é a posibilidade de viaxar con mascotas

O novo programa de viaxes do Imserso, arrincará en outubro e se prolongará ata xuño de 2026. A principal novidade é que os pensionistas que reserven máis de dúas viaxes na mesma tempada terán que abonar un recargo de 100 euros por cada reserva adicional.
A medida busca repartir de maneira máis equitativa as prazas dispoñibles entre os beneficiarios, xa que ata agora había xubilados que acumulaban ata catro viaxes en poucos meses mentres outros quedaban sen opción a ningunha.
Con este cambio, cada solicitante poderá gozar dun máximo de cinco viaxes subvencionadas, pero a partir da terceira terán un custo extra.
Outra das novidades é a posibilidade de viaxar con mascotas, unha demanda recorrente entre os pensionistas e que por primeira vez se incorpora á campaña.
Este ano ofertaranse case 880.000 prazas, con prezos que oscilan entre os 132 e os 564 euros en tempada baixa, dependendo do destino. En tempada alta, os prezos incrementaranse, aínda que as datas consideradas “altas” variarán segundo a localización.
As axencias de viaxes que xestionan o programa aínda non recibiron a comunicación oficial dos cambios, pero os usuarios xa están a ser informados mediante cartas.
As reaccións son diversas: mentres algúns consideran xusto o recargo para que todos teñan oportunidade de viaxar, outros ven na medida un castigo para quen aproveitaba ao máximo a oferta do Imserso.