Publicador de contidos

Publicador de contidos

Amantes da cultura urbana enchen Vigo para asistir ao Marisquiño

Amantes da cultura urbana enchen Vigo para asistir ao Marisquiño

O Marisquiño é o maior evento do sur de Europa que combina cultura urbana e deportes de acción

Reúne catro disciplinas olímpicas entre as súas actividades principais: skate (WCS), BMX, breaking e basket 3x3 (FIBA)

O Marisquiño en 25 anos pasou de xuntar a 200 amigos a congregar máis de 150.000 persoas

 

G24.gal 09/08/2025 17:47

O Marisquiño, o festival urbano deportivo máis importante de España revoluciona a cidade de Vigo dende hai xa 25 anos. Pero en realidade O Marisquiño é moito máis: é o maior evento do sur de Europa que combina cultura urbana e deportes de acción. Reúne catro disciplinas olímpicas entre  as súas actividades principais: skate (WCS), BMX, breaking e basket 3x3 (FIBA)

Está e a primeira fin de semana e este sábado é un dos días grandes; desenvólvese con moitas competicións. Unha das máis destacadas é o descenso urbano de mountain bike.

Na praia de Samil todo é actividade. O Marisquiño xa está en marcha, un festival urbano que une deporte e música. Hai turistas que se achegan estes días a Vigo porque é unha cita obrigada no seu calendario. Todos teñen un motivo especial, pero as competicións de skate e BMX son das que atraen máis seareiros.

Atractivos non lle faltan a este festival, que conta coa presenza de figuras internacionais tanto no ámbito deportivo como musical.

O Marisquiño tamén aposta pola integración a través do deporte, con competicións de BMX e skate adaptados. Entre outras novidades, celébrase o primeiro certame de rap inclusivo e tamén hai un escenario novo dedicado á música electrónica ao que só subirán mulleres. Toda unha fin de semana para gozar do Marisquiño. Un evento que xa reúne máis de 150.000 persoas.

O festival celébrase a segunda fin de semana do mes de agosto, 7, 8, 9 e 10 e o acceso é libre e gratuíto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade