A oposición pide explicacións ao Goberno de Caballero pola sentenza do Marisquiño
O PP esixen explicacións ao Goberno local de Abel Caballero
Desde o BNG piden unha nova regulación dos espazos portuarios que son de uso público para os cidadáns
O Tribunal Superior de Xustiza condena o Concello de Vigo a indemnizar con catro millóns e medio de euros o Porto polas obras de reparación da zona do afundimento no accidente do Marisquiño en 2018. Para as vítimas, a sentenza non as colle de sorpresa, pero consideran que os cartos non son suficientes.
Á espera de que o Concello se pronuncie sobre se recorrerá ou non a sentenza, desde a oposición esixen ao alcalde explicacións e perdón aos afectados.
O BNG acusa a Porto e Concello de falta de cooperación e propón unha nova regulación dos espazos portuarios que son de uso público para os cidadáns.
A sentenza sinala que o convenio coñecido como Abrir Vigo ao Mar obrigaba o Concello a manter en perfecto estado, entre outras zonas, o paseo das Avenidas onde ocorreu o sinistro. A sentenza non é firme e cabe recurso de casación ante o Tribunal Supremo.