A esquerda dá por pechada a crise política tras a dimisión de Puente
O PP di que chega "116 vidas tarde" e apunta agora a Sánchez
Rufián despídeo: "Foches un gran ministro"
Os socios habituais do Goberno dan por pechada a crise política coa dimisión de Óscar Puente. O xa exministro despidíase cun "ata sempre" no Congreso a última hora da tarde. Unha decisión que lle reclamaba toda a "esquerda", agás Bildu.
O voceiro de ERC, Gabriel Rufián, foi o primeiro en achegarse a el e dedicoulle un "fostes un gran ministro". Minutos antes pedíalle a renuncia porque "alguén se ten que facer cargo disto". Rufián despediu a Óscar Puente con afecto, ao igual ca Sumar. A voceira parlamentaria, Verónica Barbero agradecíalle esta mañá a "dignidade" e contrapuxo a súa actitude coa de ministros do PP en accidentes coma o de Angrois ou o do Yak-42. A esquerda recoñece que non había outra vía. Todos, agás Bildu. Foron os únicos que non se sumaron a petición explícita de dimisión.
Mentres, desde Junts, envían un aviso claro á Moncloa. Que o PSOE non intente sacar peito nin vender esta dimisión como un xesto de responsabilidade. Unha advertencia en que coincide o Partido Popular que, insiste en que chega tarde, e xa apunta a Pedro Sánchez. Din os populares que, se non o fai el, decidirano os españois nas urnas o vindeiro 29 de decembro.