Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta ten retiro de traballo a fin de semana no mosteiro de San Clodio

A Xunta ten retiro de traballo a fin de semana no mosteiro de San Clodio

O obxectivo é, como en ocasións anteriores, poñer en común as prioridades de cada departamento, profundar na cooperación entre las distintas carteiras e buscar sinerxías, co fin de manter un diálogo que sexa fluído

Na xornada do sábado cada conselleiro expoñerá as principais liñas de actuación e o domingo será a intervención de Rueda, aberta a medios de comunicación, para nela informar sobre os resultados do encontro

G24.gal 04/11/2026 12:30

O Goberno de Alfonso Rueda celebrará esta fin de semana, os días 7 e 8, un retiro de traballo no Mosteiro de San Clodio, no concello ourensán de Leiro, e a el acudirá a totalidade do equipo, integrado polo presidente, Alfonso Rueda, e os doce conselleiros.

A Xunta indica nun comunicado este mércores que o obxectivo é, como en ocasións anteriores, poñer en común as prioridades de cada departamento, profundar na cooperación entre las distintas carteiras e buscar sinerxías, co fin de manter un diálogo que sexa fluído.

Na xornada do sábado, sinala a nota, cada conselleiro expoñerá as principais liñas de actuación e o domingo será a intervención de Rueda, aberta a medios de comunicación, para nela informar sobre os resultados do encontro.

Tras Sober (Lugo) e Meis (Pontevedra), este é o terceiro ano en que Rueda cita os membros do seu Executivo para un retiro, fórmula coa que recupera os encontros que organizaba o falecido Manuel Fraga cos seus conselleiros para preparar o curso político.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade