Que facer esta fin de semana en Galicia
O Marisquiño e o Festival Noroeste lideran unha programación que inclúe a Festa da Peregrina ou o Castelo Rock
Europa Press-Arquivo
A música, o deporte urbano e as festas populares protagonizan unha intensa fin de semana en Galicia. Vigo e A coruña converteranse nos dous grandes focos da programación. A oferta complétase con festivais, citas gastronómicas e propostas para toda a familia repartidas por toda a comunidade.
Música
Festival Noroeste Estrella Galicia (5-9 agosto, A Coruña): A Coruña volve converterse nun grande escenario ao aire libre. A programación reúne durante cinco días máis de 40 artistas nacionais, internacionais e galegos en distintos espazos da cidade, consolidándose como un dos maiores festivais gratuítos.
Castelo Rock (6-8 agosto, Muros): Muros acolle unha nova edición do festival, con concertos de rock e metal durante toda a fin de semana.
Gulliver Fest (6-9 agosto, Narón): situado en plena natureza, o Gulliver Fest ofrece unha coexión entre música, viaxes e deportes para toda a familia.
Meirás Land (8 agosto, Valdoviño): a terceira edición do festival regresa este verán con Selecta como cabeza de cartel. O festival de música electrónica é unha referencia en Ferrolterra e Galicia.
Concerto de Delaossa (8 agosto, Sanxenxo): o artista malagueño actuará no Costa Feira para presentar o seu último álbum á comunidade galega.
Festival Internacional de Jazz e Blues (ata o 7 de agosto, Pontevedra): durante varios días o festival reúne figuras destacadas do xénero en distintos escenarios da cidade.
Deporte urbano
O Marisquiño (6-9 agosto, Vigo): Vigo convértese na capital europea da cultura urbana coa celebración do festival, que reçune competicións internacionais de skate, BMX, breaking, basket 3x3, graffiti e freestyle, ademais dunha ampla programación musical e actividades para toda a familia. Máis de 1.500 deportistas de trinta países participan nesta edición.
Gastronomía
Festa do Polbo do Carballiño (8 e 9 agosto, O Carballiño): unha das citas gastronómicas máis multitudinarias do verán galego, centra boa parte de atención esta fin de semana, con degustacións, música e actividades arrredor dun dos produtos máis emblemáticos da gastronomía galega.
Festa do Mexillón (6-9 agosto, Vilanova de Arousa): cun programa cheo de actividades con música, carpa gastronómica, procesión marítima e feira de oportunidades. A Festa do Mexillón é declarada de Interese Turístico de Galicia desde 2014.
Outras festas
Festas da Peregrina (7-17 agosto, Pontevedra): dez días de programación con concertos, espectáculos e actividades para toda a familia.
Baixada das Carillanas de San Mamede (7-9 agosto, Valdoviño): celébrase unha nova edición dunha das probas máis espectaculares e concorridas do verán en Galicia.