Publicador de contidos

Publicador de contidos

Evacuadas catro persoas ao hospital tras un accidente múltiple na A-55 en Vigo

Evacuadas catro persoas ao hospital tras un accidente múltiple na A-55 en Vigo

O accidente produciuse ás 23:40 horas do sábado á altura do quilómetro 3 da A-55, ao seu paso por Bembrive

G24.gal 10/08/2025 09:18

Catro persoas tiveron que ser evacuadas ao hospital tras un accidente de tráfico múltiple que se rexistrou minutos antes da medianoite en Vigo, na autovía A-55. No accidente víronse implicados tres coches.

O 112 Galicia, que informa do sinistro, explica que recibiu ás 23:40 horas do sábado varias chamadas de persoas que alertaban dun accidente á altura do quilómetro 3 da A-55 ao seu paso por Bembrive.

O accidente involucrou a tres vehículos e catro persoas tiveron que ser trasladadas polo persoal sanitario ao centro hospitalario de referencia.

Emerxencias mobilizou a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os bombeiros de Vigo, a Garda Civil, a Policía Local e a Protección Civil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade