Poxa de gando en Mabegondo: unha oportunidade para os gandeiros de rubia galega
O Centro de Investigacións Agrarias sacou á poxa 58 exemplares, 40 deles xovencas preñadas
Son excedentes do seu rabaño, seleccionado durante anos pola súa aptitude maternal
Igual ca na feira, antes de poxar polo animais, o primeiro é velos na distancia curta e tomar nota dos que máis interesan...
A oferta é variada: 54 xovencas, 40 delas preñadas, e catro touros, todos animais de pura raza rubia que irán para os mellores postores.
Os animais da poxa son froito de anos de investigación nos que foron seleccionando o rabaño non só polo rendemento carniceiro, senón tamén polas súas aptitudes maternais, para que pairan ben e dean bo leite.
E por fin chega o momento da verdade. No salón da poxa 32 gandeiros compiten polos animais a uns prezos que parten dos 1.600 euros.
O pasado ano superaron nun 18 % os prezos de saída, cunha recadación total de 95.000 euros.
Cada gandeiro pode levar un máximo de cinco lotes, para que estes exemplares de xenética escollida queden ben repartidos por toda a xeografía galega.