O Camiño Marítimo a Santiago reivindica este ano os pasos do mariño italiano Pietro Querini
Na ría de Muros e Noia reivindican este camiño cunha gran regata máis de 52 veleiros
A ruta de seis días polas rías galegas segue a estela dun célebre mariñeiro italiano, Pietro Querini
Peregrinar a Santiago por mar era unha experiencia que acometeron na Idade Media os navegantes máis intrépidos. Das súas aventuras están documentadas algunhas rutas, como o Camiño Marítimo que remata na ría de Muros e de Noia, e que esta semana reivindican cunha gran regata máis de 52 veleiros.
"O camiño da rúa Muros-Noia non é un camiño terrestre ao uso: é o último treito para que os navegantes de toda Europa puidesen acceder a Santiago", explica Sebastián Valverde, membro da organización da V Ruta Rías Baixas Camiño Ría Muros-Noia.
Entre os participantes deste ano hai un patrón neozelandés, que xa fixo o Camiño a Santiago, pero que considera que este xeito é fantástico. E unha peregrina de Corea, que trae consigo os dous fillos, e di que todo resulta completamente distinto desde esta perspectiva.
"Ten tanto éxito esta ruta que o que estamos facendo e poñer barcos a disposición dos clientes, e alugamos por camarotes", declarou Iván Pérez Gándaras, xerente dunha empresa de iates.

A ruta de seis días polas rías galegas segue a estela dun célebre mariñeiro italiano, Pietro Querini, que no seu país é considerado o descubridor do bacallau seco, porque chegou a Noruega. Precisamente estes días Estrasburgo decide se a Via Querinissima se declara Itineario Cultural Europeo.
Todos os inconvenientes e contrariedades de Querini, que documentan historicamente o itinerario, deixan hoxe unha aventura moito menos amarga.