Publicador de contidos

Publicador de contidos

Salvan unha persoa que se atragoara coa tapa dun bar en Carnota

Salvan unha persoa que se atragoara coa tapa dun bar en Carnota

O home tiña 75 anos e era veciño da parroquia de Lariño

Atragoou cunha tapa de solombo que lle puxeran coa consumición

Trasladárono en helicóptero ao Hospital Clínico de Santiago

G24.gal 30/06/2025 15:35 Última actualización 30/06/2025 18:37

Carnota foi protagonista do atragoamento do cliente dun bar coa tapa que lle poñían coa bebida. Aconteceu no interior dun coñecido bar de Lira. Felipe, coa axuda do dono do local, conseguiu sacarlle ao afectado o anaco de carne que tiña na gorxa e que estaba provocando o seu atragoamento.

"Nós poñiamos de tapa un solombo cun anaco de pan. No momento no que o comeu, comezou a tusir un pouco. Foi ao baño co meu xefe, o cal me chamou gritando asegurando que se estaba atragoando e que xa case non lle saía aire. Empecei a facerlle a manobra de Heimlich, pero non lle saía nada. De aí a un pouco, vin que tiña a dentadura postiza movida e, cuns guantes, quiteilla. Logo extraín da gorxa o anaco de carne", comenta Felipe Lago, o camareiro que o salvou e sobriño-neto do afectado.

O susto foi grande para Felipe, pois asegura que, durante a intervención, o home tiña xa unha cor fóra do normal.

"Tiña mala cor, eh. Antes de quitarllo, o que era o branco dos ollos, tíñao completamente vermello", afirma Felipe.

Tras alertar os servizos de emerxencia, acudiron unha ambulancia do 061 e un helicóptero, que o trasladou nun estado moi grave ao Hospital Clínico de Santiago. Confirmaron que xa espertou.

O home ten 75 anos e é veciño da parroquia de Lariño. A pesar de que botou toda a vida traballando nos Estados Unidos, unha vez xubilado, decidiu regresar ao seu pobo natal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade