Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detida a propietaria dun dos 'after' da Milagrosa por tentar agredir dous policías

Detida a propietaria dun dos 'after' da Milagrosa por tentar agredir dous policías

É un dos locais deste barrio de Lugo que xera moitas protestas entre os veciños pola cantidade de incidentes e pelexas que se producen neles

G24.gal 01/07/2025 11:42

Detida en Lugo a propietaria dun dos after conflitivos no barrio da Milagroas por atacar dous axentes. Un incidente que tivo lugar esta fin de semana, cando unha patrulla da Policía Nacional se achegou ao local para realizar un control rutineiro. Cando solicitaron a documentación, a propietaria do local e algúns dos clientes comezaron a increpalos agresivamente. Os axentes detiveron a muller.  

O establecemento é un de varios que funcionan no barrio da Milagrosa con licenza de cafetería, pero no que se serve alcol e funciona como un aflter de ocio nocturno. Todos son escenarios frecuentes de altercados e pelexas o que é motivo de protestas veciñais dende hai anos.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade