Novas
Contido con Xeográficas .
Galicia

Chega o outono, chega a estación do cambio
22/09/2023 21:29
Durará oficialmente dende o 23 de setembro ata o 22 de decembro

O Celta busca o partido perfecto para puntuar no Camp Nou
22/09/2023 11:47
Rafa Benítez asegura que os números son todos positivos menos na clasificación
"Difícil sí, imposible non", comenta o adestrador celeste sobre o reto de xogar diante do Barcelona

Rúas cortadas, actividades ao aire libre e mobilidade sostible no Día sen Coche da Coruña
22/09/2023 21:12
A Semana Europea da Mobilidade que remata este venres pon en valor o beneficio do uso dos transportes públicos ou de mobilidade persoal

A Xunta aspira a alcanzar os 30.000 emigrantes retornados en 2026
22/09/2023 21:08
Anunciouno Rueda na súa intervención durante o XXIII Pleno do Consello de Comunidades Galegas
O acto incluíu unha entrega de placas aos centros galegos con máis de cen anos de historia no exterior

Valdeorras sae á rúa para evitar o peche de dúas louseiras da comarca
22/09/2023 20:29
Están en xogo uns 400 postos de traballo, entre directos e indirectos, por mor dun conflito entre os propietarios e a comunidade de montes
Todos os alcaldes da comarca acudiron á manifestación, tamén deputados do PP e do PSOE
Rueda apela a chegar a acordos para evitar o peche da louseira en Valdeorras

22/09/2023 20:06
Os hortos acollen tamén visitas guiadas de escolares e obradoiros para aprender a traballar a terra

Transportes comeza o luns a reparación do viaduto de Vichocuntín en Cerdedo-Cotobade
22/09/2023 20:03
A obra comezará o día despois de que se cumpran nove meses do tráxico sinistro
Un dos carrís permanecerá cortado desde o 25 de setembro ata o 22 de decembro

O estado do bus e a meteoroloxía, eixes da defensa do chofer do sinistro de Cerdedo
22/09/2023 19:19
Din que o autocar fixo 'aquaplanning' nunha balsa de auga da curva previa á entrada da ponte de Pedre
Tamén entenden que o vehículo non debeu ser trasladado ás instalacións da empresa Monbús ao ser esta unha parte interesada

En risco 246 postos de traballo pola orde de desafiuzamento de dúas empresas de lousa en Valdeorras
19/09/2023 21:15
Moita tensión e preocupación entre os traballadores e as traballadoras do grupo Irosa e Samaca, empresas instaladas no concello ourensán de Carballeda de Valdeorras
A presión de todo o cadro de persoal evitou o desaloxo da planta de produción pero non das oficinas e un almacén que foron precintados por orde xudicial
Os nove alcaldes da comarca apoian nun comunicado os traballadores e o mantemento dos seus empregos no conflito polos terreos onde se sitúan as empresas de lousa

Ana Kiro, candidata á Eurovisión da Intelixencia Artificial con 'Florespiña'
22/09/2023 17:38
A tecnoloxía permite que a cantante, falecida hai 13 anos, represente a Galicia no certame
O concurso celebrarase na A Coruña o 4 de novembro