Contido con Xeográficas .
Galicia

Fai a súa lápida en vida con data da morte incluída
11/02/2025 21:18
Santos Domínguez é natural de Celanova, ten 74 anos e habitualmente reside nos Estados Unidos

As chuvias manteñen os campos anegados, e xa afectaron á produción de millo e agora á de herba
11/02/2025 20:48
Preocupación no sector agrario e gandeiro polo aspecto da terra, que continúa enchoupada e complicada para traballar
Os primeiros efectos xa se aprecian na recollida de millo que, nalgunhas parcelas da Terra Chá, reduciuse nun corenta por cento

A xerencia da área sanitaria da Coruña presentou novas medidas frente ás agresións
11/02/2025 20:25
Reforzo dá seguridade, revisión de protocolos e ampliación de recursos en saúde mental son algunhas das medidas propostas para mellorar a atención sanitaria

Atropelan e feren de gravidade un ciclista en Lugo
11/02/2025 20:15
O accidente ocorreu na rotonda da N-6 ás doce do mediodía

Un incendio nun baño obriga á evacuación do IES de Arzúa sen feridos
11/02/2025 19:33
O lume orixinouse na papeleira dun dos aseos do centro educativo e apenas causou danos materiais

Puente di que liberar de peaxes a AP-9 non solucionaría as necesidades de entrada a Vigo
11/02/2025 19:27
O ministro tamén asegurou que a consecuencia da alternativa exposta polo Ministerio, un novo trazado na A-52, quedará limitada a só 25 vivendas

11/02/2025 19:07
"Nestes momentos hai equipos técnicos que están a avaliar este proxecto como calquera outro proxecto industrial", dixo o ministro de Industria, Jordi Hereu

Jesús Ruiz e as contas da salvación: "O resto de equipos van picar"
11/02/2025 18:41
O Rácing logra máis puntos a domicilio que na casa e a vindeira xornada xogará diante do Mirandés

Soben o prezo do pan de Cea polo encarecemento das materias primas
11/02/2025 17:15
Varios fornos decidiron aumentar o prezo da peza entre dez e vinte céntimos debido ao incremento significativo da fariña e o trigo

Asalta a cafetería dunha gasolinera do Castiñeiriño e leva 2.000 euros da caixa rexistradora
11/02/2025 16:41
O individuo rompeu o cristal que dá acceso á terraza traseira do local da gasolineira GV Oil do Castiñeiriño

Sito Miñanco nega que intentase introducir catro toneladas de cocaína: "Son totalmente inocente"
11/02/2025 15:56
"O fiscal di 314 veces que trafiquei con drogas. pero non sitúa a venda dun só gramo", di Miñanco
Asegura que xestionaba aparcadoiros e vendía teléfonos encriptados e embarcacións foraborda, pero nega que organizase ningunha operación de narcotráfico

A instrución do Pitanxo podería ampliarse outros seis meses pola falta do informe da CIAIM
11/02/2025 15:51
As familias dos falecidos consideran "innecesaria" a prorroga
Se as partes aceptan a proposta da Audiencia Nacional, a investigación prolongarase ata setembro deste ano

O TSXG confirma a condena a 25 anos de prisión imposta ao autor do crime de Tirán
11/02/2025 15:39
O procesado foi considerado autor dun delito de roubo en casa habitada en grao de tentativa e dun delito de asasinato mediante aleivosía e para facilitar a comisión do roubo
A Sala rexeita no seu ditame, como solicitaba o condenado, que os feitos se cualifiquen como de homicidio en lugar de asasinato e descarta que a morte da muller deba entenderse como constitutiva dun homicidio por imprudencia

Cándido Carrera gaña en Qatar como copiloto de Al-Attiyah
11/02/2025 15:37
Carrera: "Houbo entendemento moi bo, o funcionamento co equipo está a ser magnífico"

Iria Sobrado: "'Reconversión' emana tenrura nun espectáculo cheo de ritmo e celebración"
11/02/2025 15:33
'Reconversión' é un espectáculo de gran formato para público adulto, con oito actores-músicos que interpretan a banda sonora en directo
O texto de Santiago Cortegoso baséase na memoria do seu pai, traballador en Ascón durante trinta anos
As vindeiras representacións: Moaña (15 de febreiro), Carballo (21 de febreiro) e Vilagarcía (22 de febreiro)

Amandine Beyer: "O violín naceu para facer bailar a xente"
11/02/2025 15:30
A. Beyer é un referente na interpretación do Barroco. Co seu grupo Gli Incogniti e como solista, publicou máis de trinta discos
A violinista, artista en residencia, dirixe a Real Filharmonía de Galicia en varios concertos da temporada 'Inconformistas'
O xoves, en Santiago, e o venres, en Lugo, dirixirá dous concertos con o obras de M. von Martínez, M. Lombardini e F. Xaver Richter

O único edil do PSOE de Outes presenta xunto co PP unha moción de censura contra o alcalde
11/02/2025 15:25
Buscan terminar coa "situación de inestabilidade" que, na súa opinión, se está a vivir na localidade
Fontes do PSOE destacaron que non conta co respaldo do partido e que tomarán medidas disciplinarias e que poderá ser expulsado da formación

Tito Díaz: "O equipo está con confianza, os triunfos axudan"
11/02/2025 15:15
O Río Breogán presentou o home interior que buscaba: Boubacar Touré

Xoti de Luís: "A linguaxe pictórica ten que ter o soporte da narración por si mesma"
11/02/2025 14:47
'The Wall' presenta 3 series do traballo realizado polo pintor nos últimos anos, pezas que representan arte conceptual de carácter abstracto
Manchas, texturas, formas, cores expresan diferentes emocións do artista
'The Wall'-Xoti de Luís. Ata o 2 de marzo no Marcos Valcárcel (Ourense).

A alcaldesa da Coruña fracasa na cuestión de confianza sobre os orzamentos de 2025
11/02/2025 14:46
O BNG rexeita a moción de censura proposta polos populares e a segura que o Goberno socialista debe cumprir cos acordos previos

Rueda pide ao sector privado "implicación" na fundación para atraer investigadores
11/02/2025 14:42
Os centros da Rede CIGUS celebraron este martes unha xornada para facer "apoloxía da ciencia feita en Galicia"

O Galicia Fórum Gastronómico reafirma o seu compromiso co territorio, o produto e o talento
11/02/2025 14:39
O evento celebra a súa décima edición na Coruña como cita imprescindible no noroeste peninsular para os profesionais da alimentación e do viño
Joan Roca, Elena Arzak, Ricard Camarena, Xavier Pellicer, o xaponés Kanji Kobayashi, a boliviana Lana Marsia Taha, e a portuguesa Lana Rita Magro, están entre os cociñeiros participantes nesta ocasión

11/02/2025 14:30
Aseguran que a idea ten apoio de estudos técnicos e científicos

A robótica avanza en tarefas máis alá da industria
11/02/2025 14:27
Vigo acolle unha nova edición das Xornadas de Automatización Industrial, en que participan máis de 40 expositores e 70 relatores

Morre un home de 83 anos nunha saída de vía en Chantada
11/02/2025 14:22
Como consecuencia do impacto morreu no acto o condutor, veciño de Chantada e que viaxaba só no momento do accidente

Rouban doce ventás e oito portas no local social de San Xián, en Vedra
11/02/2025 14:21
A acción, o segundo roubo en pouco tempo, perpetrouse en cinco minutos preto do mediodía

Un estudo revela que os galegos non temos dificultade para mudar dunha lingua a outra
11/02/2025 14:19
Trátase da última enquisa de Percepción Social do Galego encargada pola Xunta e que apunta a unha aceptación alta do denominado "bilingüismo cordial"
O 77 % das persoas contesta en galego cando alguén se dirixe a elas en galego e case un 84 % contesta en castelán cando se dirixen a eles en castelán

Condena de tres anos de prisión para o falso dentista que estafou unha parella de Ourense
11/02/2025 14:18
Os maxistrados tiveron en conta a agravante da reincidencia, posto que o acusado xa fora condenado polo mesmo delito nun xulgado de Lugo

Investigan o lanzamento de pedras a cinco vehículos desde unha pasarela sobre a AP-9 en Vigo
11/02/2025 14:17
Os coches sufriron danos nos cristais e na carrocería
Un dos condutores que denunciou os feitos resultou afectado polos cristais que lle saltaron nos ollos

Asaltan unha oficina de prevención de riscos na Coruña
11/02/2025 14:16
O responsable, sorprendido, porque na oficina traballan con datos, non con cartos
Os estragos rozan os 5.000 euros, malia que os ladróns non levaron material de valor que había no local

Conceden indemnizacións para os afectados polo cártel dos coches
11/02/2025 14:12
Dúas sentenzas da Audiencia Provincial de Ourense abren a porta a futuras reclamacións de todas aquelas persoas que comprasen un coche entre os anos 2007 e 2013
As sentenzas condenan dúas marcas a indemnizar os compradores por pactaren os prezos para evitar a competencia

Alerta en Carballo pola proliferación de billetes falsos
11/02/2025 13:50
Tres vendedores da ONCE foron vítimas do calote
Os estafadores lograron meterlles billetes de 50, 10 e 5 euros falsos

Adif investirá 3,7 millóns en actuacións no tramo ferroviario entre Ortigueira e Burela
11/02/2025 10:50
As actuacións consistirán no reforzo e a consolidación de trincheiras en 40 dos 55 quilómetros polos que transcorre a vía co obxectivo de dotar de "maior fiabilidade" e "minimizar" as posibles afeccións á circulación de trens

Falece unha moza de 28 anos nun accidente de tráfico na LU-P-1510 en Cervo
11/02/2025 09:15
Os servizos de emerxencia desprazados ao lugar só puideron confirmar a súa morte e que se trataba dunha saída de vía

O aval da Xunta para comprar vivienda protexida, sen límite de idade desde marzo
11/02/2025 08:05
Un aval que, segundo destacou, "ademais" será compatible coas axudas á compra xa existentes e que poden chegar, segundo as cifras da consellería, ata os 20.000 euros para os menores de 36 anos
A lei galega de IA, que a oposición considera unha "tirita", supera o seu primeiro trámite

Policías negan que se manipulasen as escoitas aos acusados da rede de Sito Miñanco
10/02/2025 22:33
No banco sentan 45 persoas acusadas de intentar introducir en España case catro toneladas de cocaína
O fiscal pide máis de 31 anos de cárcere para Miñanco

Unha igrexa de Ribeira de Piquín loce cinco caveiras incrustadas nun muro do pórtico
10/02/2025 20:33
Oficialmente, descoñécese a razón ou a simboloxía destes ósos, que están a dous metros desde o chan e situados sobre o oco dunha ventá
Na provincia lucense hai outros dous templos que amosan uns ósos semellantes e tamén se relacionan coa orde de Malta

Os aranceis de Trump no aceiro e o aluminio afectarán a máis de 80 empresas galegas
10/02/2025 19:06
Segundo datos do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as empresas galegas exportaron aceiro e aluminio por 42,5 millóns de euros a Estados Unidos en 2023
Entre as empresas galegas con posible afectación atópase a multinacional do aluminio Cortizo, con exportacións de produtos por valor de 28 millóns

Alfonso Basterra dedica a súa primeira novela, escrita desde prisión, á súa filla Asunta
10/02/2025 18:18
O xornalista foi condenado a 18 anos de prisión polo asasinato da nena

Hugo Álvarez sofre unha escordadura no xeonllo dereito
10/02/2025 16:55
Perderá o próximo partido de Liga contra o Atlético de Madrid