Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Juan Sebastián de Elcano, coa princesa Leonor, descansa na ría antes de atracar en Ferrol

O Juan Sebastián de Elcano, coa princesa Leonor, descansa na ría antes de atracar en Ferrol

A chegada do Juan Sebastián de Elcano foi saudada por embarcacións que navegaban nas proximidades e por multitude de curiosos

Permanecerá na zona ata o vindeiro sábado

G24.gal 08/07/2025 19:03

O buque escola da Armada española Juan Sebastián de Elcano fondeou na tarde deste martes xunto á bocana da ría de Ferrol, nas proximidades da franxa litoral do municipio de Mugardos, á espera de atracar este mércores no porto ferrolán, onde permanecerá ata a mañá do sábado.

A histórica embarcación, coa presenza destacada a bordo da princesa Leonor, accederá á dársena de Curuxeiras ao redor das oito da mañá do mércores, xornada na que o seu comandante, Luis Carreiras-Presas, será recibido, desde as dez da mañá, polo alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, no pazo municipal.

O Concello ferrolán celebrará ás oito da tarde unha recepción institucional á dotación do barco, que partirá horas despois rumbo a Marín (Pontevedra), onde concluirá o seu máis recente cruceiro de instrución para gardamarinas.

A chegada do Juan Sebastián de Elcano foi saudada por embarcacións que navegaban nas proximidades e por multitude de curiosos, apiñados en diversos puntos da costa do municipio ferrolán e do de Mugardos, na zona sur da ría de Ferrol. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade