Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda pide "recuperar a integridade" nunha España "polarizada" e "manchada" pola corrupción

Rueda pide "recuperar a integridade" nunha España "polarizada" e "manchada" pola corrupción

O delegado rexio reclama ao Apóstolo "determinación para centrarnos no que de verdade importa: as  necesidades reais das persoas"

O arcebispo de Santiago pide "acabar coa corrupción e a violencia racista e a poñer fin á dramática situación en Gaza: "É inaceptable usar os migrantes ou refuxiados como arma política"

O presidente da Xunta reivindica polo Día de Galicia o deber de "blindala fronte á degradación" doutros territorios

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, exerce de delegado rexio na ofrenda ao Apóstolo (EFE/ Xoan Rey)
G24.gal 25/07/2025 09:45

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, urxe a "recuperar a integridade e o respecto á lei" nunha España "enfrascada na polarización extrema" e "manchada por prácticas impropias de persoas decentes". Foi durante a  Ofrenda ao Apóstolo Santiago, na que actuou como delegado rexio.

No seu discurso na Catedral, Rueda pediu ao Apóstolo, "recuperar a credibilidade e a lexitimidade de organizacións e institucións" no país.

O presidente galego pídelle ao Apóstolo Santiago "inspiración e acerto para todos os gobernantes para centrarnos con determinación no que de verdade importa: as necesidades das persoas" e fai un chamamento a construír unha Galicia "próspera". 

Na súa resposta ao delegado rexio, o arcebispo de Santiago, monseñor Francisco José Prieto, referiuse tamén á situación política que se vive en España. Insta os gobernantes a "erradicar a corrupción" xa que, ao seu xuízo, é un "obstáculo para o ben común" que "erosiona a confianza da cidadanía nas institucións" e crea "un ambiente de cinismo". Foi na Ofrenda Nacional ao Apóstolo celebrada na catedral de Santiago.

Na súa intervención, o arcebispo pediu "alzar a voz sen medo polos que sofren inxustizas": as vítimas das guerras, da trato de persoas humanas e tamén aos mozos, afectados pola crise de vivenda.

Cualificou de "inaceptable usar os migrantes como arma política". Condenou a violencia racista e pediu que sexan acollidos "desde a legalidade e a fraternidade". Foi  durante a Ofrenda ao Apóstolo 2025.

Na súa alocución, o arcebispo, José Prieto, pediu poñer fin ás guerras de Gaza e Ucraína. Insta as autoridades a rematar coa "dramática situación humanitaria" que padece o pobo palestino e afirma: "Necesitamos unha paz xusta baseada no dereito e a dignidade".

Foi na súa resposta ao delegado rexio durante a Ofrenda ao Apóstolo.

Na misa estiveron, entre outros, o presidente do Parlamento galego, Miguel Ángel Santalices Vieira; o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco; e o presidente do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo.

A alcaldesa de Santiago participou no saúdo previo

Previamente, na Praza do Obradoiro, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participou no saúdo ás autoridades.

É a segunda vez que o mandatario autonómico actúa como delegado rexio por encargo de Filipe Sexto. Xa o fixera en 2023, en substitución de Alberto Núñez Feijóo.

O monarca acudiu en persoa a Santiago a presidir a ofrenda no 2020, 2021 e 2022. O ano pasado Casa Real seleccionou ao presidente do Parlamento Miguel Santalices. 

Antes que Rueda, os seus predecesores exerceron tamén esta responsabilidade. Manuel Fraga fíxoo no 2000, 2001, 2005 e 2008. Emilio Pérez Touriño no 2006 e Alberto Núñez Feijóo no 2009, 2015 e 2017. Tamén foi escollido para o 2013, mais o accidente de Angrois fixo que a Ofrenda non se levase a cabo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade