Publicador de contidos

Publicador de contidos

A princesa Leonor visitou por sorpresa o Club Náutico de Palma canda o seu pai

A princesa Leonor visitou por sorpresa o Club Náutico de Palma canda o seu pai

Saudou no lugar as tripulacións femininas que participan na Women's Cup de vela

Máis de 200 regatistas mulleres de 29 países forman parte das tripulacións internacionais que compiten entre as cinco clases

O rei Filipe VI e a princesa Leonor no porto de Palma este sábado
G24.gal 02/08/2025 18:34 Última actualización 02/08/2025 21:01

A princesa Leonor visitou por sorpresa o Club Náutico de Palma canda o seu pai, o rei Filipe VI. No recinto portuario saudou ás tripulacións femininas que participan na Women's Cup de Vela na badía de Palma.

A princesa e o rei chegaron pouco antes das dez e media da mañá deste sábado ás instalacións e saudaron as 5 integrantes da tripulación feminina do Consello Militar de Deportes que participan na competición.

Logo, o rei, que participa na última regata da Copa do Rei de Vela, e Leonor posaron nunha foto de grupo con moitas das integrantes dos 15 equipos femininos que participan na copa.

Esta edición marcou un récord de participación feminina, de tal xeito que máis de 200 regatistas mulleres de 29 países integran as tripulacións internacionais que compiten entre as cinco clases.

Tras a foto, a princesa acompañou o seu pai ao embarcadoiro onde se atopa o Aifos, no que o rei compite desde o pasado martes co resto dos membros da tripulación, todos eles da Armada, na clase ORC 0, a que inclúe aos barcos de maior eslora da frota.

A princesa Leonor saudou tamén outra das tripulacións dos veleiros da Armada que compiten en augas da baía de Palma, situado no embarcadoiro xunto ao Aifos, antes de despedir a seu pai cun bico antes de que se embarcase para participar na última proba da copa de vela que afrontaba en sexta posición.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade