O Camiño Portugués da Costa fai dez anos co reto de medrar mantendo a esencia
Rueda destacou “o crecemento espectacular” desta vía, que multiplicou a súa afluencia de camiñantes ao pasar dos 2.600 que a percorrían en 2016 aos 90.000 do ano pasado
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, encabezou este martes en Vigo o acto de conmoración do décimo aniversario dende que o Camiño Portugués da Costa se oficializou como ruta xacobea. Rueda destacou “o crecemento espectacular” desta vía que multiplicou a súa afluencia de camiñantes ao pasar dos 2.600 que a percorrían en 2016 aos 90.000 que a transitaron o ano pasado.
No acto participaron asociacións de Amigos do Camiño, expertos na ruta e autoridades das localidades polas que pasa, como Viana do Castelo, A Guarda, O Rosal, Oia, Baiona, Nigrán e Vigo. Todos eles compartiron logros e retos desta vía, como a falta dun transbordador entre Caminha e A Guarda ou de sinalización en Vigo, ademais da necesidade de manter a esecia da ruta xacobea.
Alfonso Rueda reivindicou que o Camiño Portugués da Costa será tamén fundamental durante a celebración do Xacobeo 2027, cando todos os focos estarán postos sobre Galicia. E defendeu que pode seguir medrando con "sentidiño".
"Temos os brazos abertos a todo o mundo, aquí non sobra ninguén. Canta máis xente veña a coñecernos, mellor. A xente fai o Camiño e quere repetir, ver outro sitios, noutras épocas do ano isto crea economía”, resaltou.