Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta cifra nun 8 % o seguimento da folga do profesorado, que esixe recuperar dereitos

A Xunta cifra nun 8 % o seguimento da folga do profesorado, que esixe recuperar dereitos

A CIG adía ata mañá os seus datos de seguimento do paro

O acto central tivo lugar en Santiago, cunha manifestación desde a Alameda ata a sede do Goberno galego en San Caetano

Manifestación do profesorado polas rúas de santiago este martes (EFE/Xoán Rey) Manifestación do profesorado polas rúas de santiago este martes (EFE/Xoán Rey)
G24.gal 28/04/2026 15:27

Un 8 % dos profesores secundan este martes a folga convocada pola CIG nos colexios e institutos. Son os datos oficiais ofrecidos pola Xunta de Galicia. O sindicato adía ata mañá os seus datos de seguimento do paro.

Esta é a sexta xornada de folga convocada polo sindicato nacionalista, co apoio de STEG, este curso académico. A Xunta ten aberta unha negociación cos demais sindicatos para estender a secundaria as melloras que se aplican dende hai 3 anos en infantil e primaria.

Reclaman a redución inmediata das cocientes de alumnado e a recuperación de dereitos laborais. O acto central de protesta tivo lugar en Santiago de Compostela, onde ás doce do mediodía partiu unha manifestación desde a Alameda que se desprazou ata a sede do Goberno galego en San Caetano. Estaba encabezada polo lema "Recuperar e avanzar en dereitos. Ensino público galego con futuro".

Nela, segundo os convocantes participaron miles de docentes, estudantes e representantes sindicais, que portaron carteis reivindicativos e elevado cánticos como "Menos cocientes e máis salarios" ou "Sen recursos non hai inclusión".

Á chegada desta marcha ao edificio central administrativo do Executivo autonómico, sete profesores, en representación de diferentes colectivos e ensinos, subiron a un estrado para ler un manifesto coas súas principais reivindicacións, que pasan polo establecemento dun diálogo e unha negociación reais coa Consellería para conseguir melloras laborais.

Entre elas están as xornadas lectivas de vinte e unha e dezaoito horas en primaria e secundaria, maior dotación de persoal para atención á diversidade, plans para a redución da burocracia nos centros, melloras retributivas sobre o complemento autonómico ou reducións de xornada a partir dos cincuenta e cinco anos de idade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade