Publicador de contidos

Publicador de contidos

O profesorado galego impartirá dúas horas menores de clase á semana desde setembro

O profesorado galego impartirá dúas horas menores de clase á semana desde setembro

Educación acorda cos sindicatos, agás a CIG, reducir o horario dos docentes de secundaria

O acordo tamén contempla unha redución dos ratios de alumnos e un plan para o alumnado con necesidades especiais

G24.gal 24/04/2026 12:55 Última actualización 24/04/2026 14:20

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP acordou cos sindicatos CC.OO., UXT, ANPE e CSIF a redución horaria do profesorado de Secundaria, o impulso dun plan para o alumnado con necesidades especiais e a baixada de cocientes en secundaria e bacharelato.

Así o anunciou este venres o conselleiro Román Rodríguez nunha conferencia de prensa celebrada na Cidade da Cultura en que estiveron presentes todos os sindicatos, menos a CIG, que o maioritario na mesa sectorial.

En concreto, o acordo recolle que o horario do profesorado de secundaria pasará de 20 a 18 horas semanais na aula. Actualmente os docentes de secundaria teñen un horario semanal de 37,5 horas, das cales 30 son de permanencia no centro educativo. 

Co acordo, que sitúa xa a partir de setembro en 18 as horas de sesións de clase, serán 12 as que sexan para outras funcións e as dúas horas que se restan serán usadas polo profesorado en accións orientadas a "mellorar a calidade dos servizos".

O obxectivo é ofrecer unha maior dispoñibilidade para a xestión de protocolos educativos, atención ás familias e aos alumnos, as gardas ou para desenvolver iniciativas en ámbitos como as novas tecnoloxías, os idiomas, a convivencia ou as bibliotecas escolares, entre outras.

O documento tamén pon o foco na diversidade, polo que realizarán un plan que "supoña un impulso" ás necesidades educativas especiais.

Desta forma, contemplará a modificación dos catálogos de persoal en etapas de Infantil e primaria e ampliará o persoal especializado en secundaria.

En canto aos ratios de alumnos por aula, na ESO pasarán de 30 a 25 e en bacharelato de 33 a 30. Esta medida comezarase a aplicar a partir de 2028 de xeito progresivo. Esta redución estaba prevista inicialmente para o ano 2033, polo que o acordo supón adiantar o cambio nos cocientes cinco cursos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade