Cargando resultados...
José Amo, nova incorporación do Lugo
Asina por unha tempada con opcións a unha segunda
Disputou a última tempada co Tenerife

G24.gal
08/07/2025 18:23
Última actualización 08/07/2025 18:50
O Lugo anunciou a fichaxe do defansa sevillano José Amo, que chega libre despois de desvincularse do Tenerife. O andaluz, de 27 anos, xogou nos últimos anos en Segunda División co Tenerife, a Ponferradina e o Sevilla Atlético. Asinou durante un só ano coa posibilidade de prolongarse outro máis segundo o cumprimento de obxectivos.
Amo foi internacional en todas as categorías inferiores da Selección Española cun paso destacado pola Sub-17 coa que desputou 15 partidos e anotou 2 goles.