Publicador de contidos

Publicador de contidos

O grupo USK Lugo mantén encontros semanais abertos para debuxar recunchos da cidade

O grupo USK Lugo mantén encontros semanais abertos para debuxar recunchos da cidade

A lucense é a última das oito comunidades galegas destes artistas urbanos, que á súa vez se reúnen unha vez ao mes a través de Instagram

Dous dos coordinadores do grupo plasman sobre o papel a beleza da luguesa praza da Soidade
Félix Aragunde Imaxe: Afonso García Novoa 08/07/2025 20:27

Alicia Merino e Oniel Rodríguez son coordinadores en Lugo de Urban Sketchers, un movemento global que se dedica a plasmar nos cadernos de debuxo a beleza de cada recuncho da súa cidade. Con tal fin, dende hai un ano manteñen encontros semanais abertos a quen queira desenvolver de balde as súas dotes artísticas, independentemente do seu nivel.

"Adoitamos quedar normalmente un día da fin de semana, cando a xente ten máis dispoñibilidade, e poñemos un sitio e unha hora. Aparece quen queira e durante unhas dúas horas dedicámonos a debuxar, mellor ou peor. Ese non é o obxectivo, senón facelo en grupo", subliña Alicia. 

A de Lugo é unha das oito comunidades galegas destes artistas urbanos, que á súa vez se reúnen unha vez ao mes a través de Instagram. Na primeira convocatoria conxunta celebrada na capital luguesa chegaron a presentarse máis de 70 participantes, que retrataron con distintas técnicas o recinto histórico da cidade.

"A técnica máis común é a acuarela, pola súa inmediatez. Podes levar unha caixiña con catro ou cinco cores practicamente no peto e sacala ao momento. E o mesmo empregamos lapis que bolis, ou cores 'acuarelables', como usan outros", sinala Oniel. 

Co gallo do primeiro aniversario do grupo USK Lugo, prevén expoñer as súas obras no mes de setembro.

 

Acuarela da Porta de Santiago, na Muralla Romana de Lugo. Acuarela da Porta de Santiago, na Muralla Romana de Lugo.
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade