Publicador de contidos

Publicador de contidos

A arte urbana transforma as fachadas de Fene co Perla Mural Fest

A arte urbana transforma as fachadas de Fene co Perla Mural Fest

Diego As, Wedo Goás e David Barrera son os muralistas da terceira edición do festival

G24.gal 03/08/2025 21:37 Última actualización 03/08/2025 22:15

As fachadas grises de Fene convértense en grandes lenzos de cor co Perla Mural Fest. O festival pecha a súa terceira edición incorporando tres novos murais de gran formato á súa particular galería de arte, un imán para os visitantes.

As tonalidades grises tan recoñecibles na obra de Diego As contrastan co colorido das flores que brotan dun busto feminino. A obra do muralista lucense é a única finalizada.

O pontés Wedo Goás seguirá subido ao guindastre polo menos dous días máis. Artista multidisciplinar, iniciou a súa carreira como muralista en 2017.

"Sempre hai ese misterio. Vai chover? Vai fallar o guindastre? Que tal se me vai dar a pintura. É como entrar dentro dun cadro, é unha sensación moi bonita", conta.

A xente que pasa pola rúa ten a oportunidade de ver desde o inicio como transforma muros en grandes lenzos de cor. Ese privilexio é o que atrae cada ano centos de persoas ao festival.

"A xente ten a posibilidade de ver o proceso completo. Cando imos ao museo vemos o cadro terminado. Aquí podes ver como traballa cada artista, como se enfronta á pintura", explica Goás.

Moi preto do mural de Wedo Goás, tamén en proceso, está o do madrileño David Barreira, o terceiro desta edición do festival, unha aposta polo poder da arte urbana para cambiar perspectivas e alegrar as miradas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade