Obras de arte urbana son depositadas na rúa de xeito anónimo para quen queira levalas para casa
Baixo unha identidade anónima na súa conta de Instagram (@xxstreet72) defínese como artista de arte urbana e convídanos a atopar os debuxos que libera pola rúa.
"Consiste básicamente que sexan parte dun xogo e logo que a xente saiba separar a obra de quen a fai", explica.
Elixe o lugar, dá pistas aos seus seguidores, deixa a obra e publícao. "no momento que subo o video, o reel, onde se ve o sitio onde o estou deixando a verdade é que pasa moi pouco tempo. Algunha vez deixei unha obra e aos dous minutos xa me crucei con esa persoa".
E así foi nesta ocasión. A afortunada: unha familia de Ávila que pasa uns días en Galicia:
"Levamos tempo buscando a ver se podiamos encontrar unha e xusto nos pillou aquí. A outra vez perdímolo por pouco. E estou un pouco cansado porque corrín a por ela porque estabamos por aí aparcados e agardando un anaco."
Leva máis de cen obras liberadas. A maioría na cidade da Coruña, aínda que algunha foi parar a Ourense ou Santiago. Todas pezas orixinais e únicas.
"Traballo con rotulador e os soportos, todos, sexa madeira, plástico, papel, metraquilato son materiais que aparecen pola rúa, no lixo ou en obras, e é darlles tamén esa nova vida", apunta @xxstreet72.
Arte urbana que seguirá sendo liberada cada semana. Estean atentos.