Publicador de contidos

Publicador de contidos

A arte urbana de gran formato volve a Carballo co Rexenera Fest

A arte urbana de gran formato volve a Carballo co Rexenera Fest

Ata o 7 de xuño, xogos e obradoiros completan a oferta do festival xunto ás rutas guiadas polos murais deste museo ao aire libre

Chus Purriños 29/05/2026 21:05

Murais con motivos vexetais para transformar a imaxe dos edificios do barrio das Flores. As obras de gran formato volven a Carballo no Rexenera Fest.

"A miña obra é moi orgánica e moi vexetal así que quería facer un bonsai recollendo a idea de que para min Galicia é como esa casiña natural que ten España", explica sobre a súa obra a artista plástica e muralista Raquel Coba.  

Raquel Coba desde Madrid. Ona Salvador desde Baleares e coma sempre con representación internacional.

"Como sempre é unha proposta paritaria, internacional con artistas chegados desde lugares como Grecia ou Croacia", comenta Xosé Regueira, concelleiro de Promoción Económica e Turismo de Carballo.

Todo nomes de prestixio aos que se suma a primeira artista de Carballo que participa no Rexenera: Isa Bermúdez, quen medrou entre as obras do certame:

"É moi raro nesta profesión ter referentes tan preto e, sobre todo, referentes internacionais tan preto de ti e entón me permitiu soñar para poder logralo".

Desde a organización do Rexenera Fest din que "é un orgullo moi grande que Isa Bermúdez estea pintando e figurando neste cartel. Ademais o está a facer moi ben e está a ser cartel tamén noutros festivais", destaca o concelleiro de Promoción Económica e Turismo de Carballo.   

Ata o 7 de xuño, xogos e obradoiros completan a oferta do festival xunto ás rutas guiadas polos murais deste museo ao aire libre nas rúas de Carballo. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade