Publicador de contidos

Publicador de contidos

Buscan unha muller de 85 anos desaparecida en Lugo

Buscan unha muller de 85 anos desaparecida en Lugo

Cren que se dirixía ao barrio de Garabolos e puido desorientarse

Vírona por última vez nunha froitería da avenida da Coruña

G24.gal 09/07/2025 19:08

Unha muller de 85 anos desapareceu en Lugo este martes.

Chámase Isaura, mide 1,40 de estatura, pesa uns 40 quilos e ten o pelo branco e curto.

No momento da súa desaparición, a muller levaba posto un chapeu, pantalón escuro, unha camisa clara e unha chaqueta rosa.

Vírona por última vez nunha froitería da avenida da Coruña. Crese que a muller se dirixía ao barrio de Garabolos e puido desorientarse.

A familia pide a calquera persoa que a vexa que se poña en contacto coa policía ou coa Garda Civil. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade