Contido con Temática Sociedade .

Contido con Temática Sociedade .

Sociedade

Os Bombeiros da Generalitat afrontan a extinción de dous incendios simultáneos na comarca da Segarra, o de Torrefeta i Florejacs / EFE/ Agents Rurals

Un incendio forestal deixa dous mortos e 5.000 hectáreas queimadas en Lleida

02/07/2025 08:04

O incendio foi especialmente violento e rápido, explicou o xefe do corpo de Bombeiros, o inspector David Borrell

Os Mossos d'Esquadra abriron unha investigación sobre as circunstancias do sinistro


O enfrontamento produciuse entre membros de dúas familias

Unha liorta entre clans rivais deixa un morto e varios feridos graves en Ribeira

01/07/2025 21:46

Cando menos catro persoas implicadas no suceso foron arrestadas na peaxe da autoestrada en Padrón tras unha persecución

Ata a zona desprazáronse os antidisturbios, o helicóptero do 061 e varias ambulancias

Etiquetas:  TIROTEO

Nas parroquias de Moreda e de Seoane

Estabilizado un incendio forestal que chegou a ter ata cinco focos en Monforte de Lemos

01/07/2025 21:30

Na parroquia de Moreda o lume afectou a seis hectáreas de superficie, mentres que en Seoane as hectáreas afectadas foron 16


O chef compostelán Alejandro Ferreiro, elixido Mellor Cociñeiro de Tapas 2025 en Galicia

01/07/2025 21:23

Sete cociñeiros das sete cidades optaron ao galardón

Categorías:  Sociedade   Galicia
Etiquetas:  GASTRONOMÍA

Os bombeiros de Vigo traballaron en asegurar a cornixa máis danada

Susto en Vigo ao caer a carga dun guindastre de obra nunha beirarrúa

01/07/2025 21:06

Malia ser unha zona transitada, non houbo feridos

Os bombeiros traballaron para asegurar a zona


Acudiu o helicóptero medicalizado

Falece unha muller nunha praia de Porto do Son

01/07/2025 20:51

Un particular avisou de que a muller se atopaba boca abaixo na auga da praia de Aguieira


A merma é maior canto máis dura o episodio de calor

As vacas producen ata catro litros menos de leite cando a calor e a humidade son altas

01/07/2025 20:14

Afecta tamén á graxa, á proteína e ao sistema inmunitario

Hai anos que os gandeiros teñen instalados sistemas de ventilación que favorecen o benestar dos animais 

Categorías:  Sociedade   Galicia   Vida
Etiquetas:  LEITE   VACAS   GANDERÍA

Efectivos do Infoca e do Consorcio Provincial de Bombeiros traballan na extinción dun incendio en Chiclana/Román Ríos/EFE

Cinco casas sofren danos polo incendio nunha zona de pasto en Chiclana (Cádiz)

01/07/2025 20:00

Varias vivendas foron desaloxadas por precaución e cinco delas sufriron danos polas chamas

Etiquetas:  CÁDIZ   INCENDIO

Despois de tres meses de veda poden escoller as capturas

O sector está satisfeito co inicio da campaña do polbo: hai cantidade e bo prezo

01/07/2025 19:04

Recuperan a actividade en Galicia despois de tres meses de veda

Algúns barcos conseguiron o tope de capturas en moi poucas horas e fan un balance moi positivo 


Desgravación fiscal de ata un 15 % na próxima declaración da renda

As familias galegas xa poden gardar as súas facturas para desgravar libros de texto

01/07/2025 18:10

A renda per cápita da unidade familiar debe estar entre 10.000 e 30.000 euros e aplicarase na próxima declaración da renda 

Os contribuíntes poderán desgravar o 15 %, cun máximo de 105 euros por fillo

 


Morre un neno dentro dun coche estacionado en Tarragona

01/07/2025 17:24

O menor podería falecer por un golpe de calor, segundo as primeiras hipóteses

O suceso ocorreu nun polígono industrial e os servizos de emerxencias non puideron reanimalo

Etiquetas:  ACCIDENTE

Foi en maio de 2024 cando se recibiu a primeira das denuncias

Investigados cinco veciños de Ponteareas e Mondariz polo roubo continuado de cable de cobre

01/07/2025 16:52

O seu modus operandi era roubar e queimar o recubrimento de plástico do cable para desprendelo e así vender ese cobre a diferentes empresas da zona


Desartellan un grupo violento dedicado a asaltos en vivendas no sur de Pontevedra

01/07/2025 15:52

Detidas catro persoas, dúas delas xa en prisión, por roubos con armas de fogo e agresións a moradores

Na operación interviñéronse armas, drogas, documentación falsificada e chalecos falsos da Garda Civil


O Camiño Marítimo a Santiago reivindica este ano os pasos do mariño italiano Pietro Querini

01/07/2025 15:09

Na ría de Muros e Noia reivindican este camiño cunha gran regata máis de 52 veleiros

A ruta de seis días polas rías galegas segue a estela dun célebre mariñeiro italiano, Pietro Querini


Os triángulos de perigo deixarán de ser obrigatorios en 2026

01/07/2025 14:51

A partir do un de xaneiro de 2026 a DXT obrigará os condutores a utilizar un novo sistema de sinalización nas estradas para informar das avarías ou accidentes

O dispositivo V16 contén unha luz luminosa e leva incorporado un sistema de baliza con xeolocalización


Deteñen os catro atracadores que intentaron asaltar un banco en Santiago

01/07/2025 14:35

Entre os arrestados, está o Pulpo, un delincuente perigoso que matou catro persoas nun hostal de Vilaboa hai case trinta anos

Localizáronos aos catro xuntos cando volvían do intento de atraco, xusto antes de que aparcaran en Ribadumia

Etiquetas:  ROUBOS   BANCOS

O Xabarín Club causa unha revolución nos pés dos nostálxicos

01/07/2025 14:06

Os calcetíns con diferentes deseños do Xabarín están a ser un éxito e xa están esgotados en moitas tendas

Da televisión á moda retro, o Xabarín segue facendo historia agora tamén nos pés


Os veciños denuncian a falta de roza nun treito de dous quilómetros entre Carral e Ordes

01/07/2025 13:54

Consideran que nesa zona da N-550 é onde máis falta fai a limpeza de maleza, porque xa se produciron varios accidentes


O gromo de salmonelose de Oza-Cesuras afecta xa a 162 persoas

01/07/2025 13:26

Polo momento hai 162 afectados, 22 ingresados e ningún grave

Sanidade investiga para coñecer a orixe do gromo


Parque Rosalía de Castro de Lugo onde se produciu a malleira

Investigan a malleira que recibiu un septuaxenario en Lugo por parte dun grupo de mozos

01/07/2025 13:01

O home asegura que o golpearon para roubalo

Os mozos expuxeron outra versión ante varias testemuñas  

A investigación policial esclarecerá os feitos e as motivacións


Foto de arquivo

Interceptados dous condutores a 179 km/h en zonas limitadas a 90 e 80 na Mariña de Lugo

01/07/2025 12:20

As dilixencias policiais quedaron en mans do Xulgado de Instrución de Garda de Viveiro no primeiro caso

As dilixencias policiais foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda número 1 de Vilalba no caso do segundo condutor 


Detida a propietaria dun dos 'after' da Milagrosa por tentar agredir dous policías

01/07/2025 11:42

É un dos locais deste barrio de Lugo que xera moitas protestas entre os veciños pola cantidade de incidentes e pelexas que se producen neles

Etiquetas:  DROGAS

Entran en vigor os novos sinais de tráfico máis claros, visibles e inclusivos

01/07/2025 10:01

Incorpóranse novos sinais que responden a demandas actuais e elimina aqueles que quedaron obsoletos

Entre os cambios hai modificacións do tamaño, ampliacións de información, novos pictogramas e a eliminación de connotacións de xénero

O cambio físico será progresivo, igual que a incorporación nos manuais dos permisos de condución

Categorías:  Sociedade   España   Vida
Etiquetas:  TRÁFICO


Falece un traballador ao caer dun camión de recollida de lixo en Ourol

01/07/2025 09:34

Os sanitarios non puideron facer nada por salvar a vida do operario, que quedara inconsciente ao caer do camión de recollida de lixo

A vítima tiña 48 anos e era o seu primeiro día de traballo


A provincia ourensá alcanzou as temperaturas máis altas de Galicia

A vaga de calor deixa temperaturas superiores aos 40 graos en varios puntos de Galicia

30/06/2025 20:49

A temperatura récord rexistrouse no concello ourensán de Leiro cando os seus termómetros chegaron aos 41,8 graos

Para este martes espéranse máximas de máis de 36 graos na zona sur de Ourense, así como na zona noroeste da provincia e no sur de Lugo


Dan formación a cans e propietarios

Hoteis para cans e para gatos xa empezan a encherse

30/06/2025 20:44

Moitos non poden levar a mascota de vacacións ou de viaxe e déixana nestes centros


Feridos tres axentes da Policía Nacional durante unha intervención por un roubo na Coruña

30/06/2025 20:23

O home levaba dúas armas brancas e atacou os policías cando tentaron reducilo

Etiquetas:  ROUBOS

Foto de arquivo/Europa Press

Unha paciente agride unha médica de urxencias no Hospital de Ourense

30/06/2025 19:39

A médico sufriu "lesións e hematomas" por parte dunha paciente que se negou a respectar a súa quenda e esixiu ser atendida inmediatamente


A investigación comezou a finais de setembro do 2024

Investigan seis persoas por presuntos roubos con forza levados a cabo con camións guindastre

30/06/2025 18:09

Trátase de seis homes, todos con antecedentes penais, que teñen entre os 39 e os 48 anos e son veciños das localidades de Lugo, Ponferrada, e A Coruña


A investigación foi levada a cabo polo Grupo de Patrimonio da Policía Xudicial da Garda Civil de Pontevedra

Desarticulan un grupo dedicado a estafar anciáns, cun detido e varios investigados

30/06/2025 16:34

Primeiro seleccionaban os domicilios que ían visitar e ofrecíanlles diversos agasallos para gañarse a súa confianza e venderlles os produtos

As pescudas iniciáronse en febreiro ao entrar unha denuncia dunha persoa maior residente en Baiona 


Salvan unha persoa que se atragoara coa tapa dun bar en Carnota

30/06/2025 15:35

O home tiña 75 anos e era veciño da parroquia de Lariño

Atragoou cunha tapa de solombo que lle puxeran coa consumición

Trasladárono en helicóptero ao Hospital Clínico de Santiago

Etiquetas:  ACCIDENTE

Fusión de música española e Iberaméricana coa gastronomía

A Azucreira amplía a súa capacidade para a próxima edición do Festival PortAmérica

30/06/2025 15:00

Cada unha das tres xornadas, do 3 ao 5 de xullo, agardan 20.000 persoas no recinto de Portas

Melendi, Mikel Izal, Ca7riel&Paco Amoroso ou Los trigres del norte están entre os 30 artistas do cartel 

No apartado gastonómico suma este ano máis de 30 chefs con 18 estrelas Michelin


En liberdade o agresor dun operario da limpeza de Ferrol, que está grave

30/06/2025 14:48

O agresor deulle un golpe na mandíbula tan forte que o derrubou, golpeando a cabeza no chan

Foi un ataque ao chou, cando a vítima baixou do camión axudar os compañeiros

 

Etiquetas:  AGRESIÓN

Vigo é a cidade máis educada de España, segundo o estudo dunha empresa británica

30/06/2025 14:15

Os seus cidadáns destacan por saudar sempre e por respectar os espazos e as normas de convivencia

A Coruña, Arteixo e Oleiros tamén ocupan as primeiras posicións do estudo 


As puntuacións definitivas poderán consultarse na plataforma Nerta os próximos días

A CIUG ultima as actualizacións das puntuacións e iniciará os chamamentos o día 8 de xullo

30/06/2025 14:06

Piden calma ante a inquedanza dos aspirantes que aínda teñen as notas sen actualizar: estará todo en orde antes de iniciar os chamamentos


Na Coruña adestran a medicina reumática nunha realidade virtual

30/06/2025 13:44

O CHUAC é pioneiro en España en empregar lentes de realidade virtual para afrontar as doenzas antes de que acontezan


A policía busca o autor dunha agresión sexual a unha moza de 21 anos en Alcalá de Henares

30/06/2025 13:31

As cámaras de seguridade puideron captar o momento da agresión e a posterior fuxida do sospeitoso


(Europa Press)

As escolas infantís galegas unificarán calendario de matrícula a partir do curso 26/27

30/06/2025 13:27

A Xunta destina 47 millóns á gratuidade das escolas infantís de iniciativa social no próximo curso

O Consello da Xunta aproba o decreto para que os universitarios conten coa matrícula gratuíta


Trasan Fest

Investigan un gromo de salmonelose con 94 afectados nun festival de Oza-Cesuras

30/06/2025 13:16

Sanidade sinala que "fan pensar nunha orixe bacteriana" e engaden que se están investigando os posibles alimentos que causaron o gromo e os establecementos implicados

Publicidade
Publicidade