Cargando resultados...
Morre un neno dentro dun coche estacionado en Tarragona
O menor podería falecer por un golpe de calor, segundo as primeiras hipóteses
O suceso ocorreu nun polígono industrial e os servizos de emerxencias non puideron reanimalo

G24.gal
01/07/2025 17:24
Un neno faleceu este luns no interior dun coche estacionado na rúa dun polígono industrial de Valls, na provincia de Tarragona.
As primeiras hipóteses manexadas pola policía apuntan a que a causa da morte podería ser un golpe de calor.
O aviso chegou aos Bombeiros da Generalitat ás 15:06 horas.
O Servizo de Urxencias Médicas (SEM) desprazouse ata o lugar e tentou reanimar o menor, pero sen éxito.