Publicador de contidos

Publicador de contidos

A 35 edición de Galego sen fronteiras recibe 60 estudantes de Europa, Asia e América

A 35 edición de Galego sen fronteiras recibe 60 estudantes de Europa, Asia e América

Desde que comezaron no 1988, 2.500 estudantes de todo o mundo pasaron xa por estes cursos de lingua e cultura galegas

G24.gal 03/07/2025 14:59

2.500 estudantes de todo o mundo pasaron xa polos cursos de Galego sen Fronteiras, desde que comezaron no 1988. Moitos son agora profesores, literatos e verdadeiros embaixadores da nosa lingua polos cinco continentes. Rememorando ese éxito, o programa da Real Academia Galega inicia hoxe en Santiago a súa 35 edición. Dende O Brasil ata Uzbekistán, chegan historias como a de Teó Luá Braga e Maftuna Sayitova, que son case poemas de amor á nosa cultura. 

Pero Wakar Sahid repara en aspectos máis prácticos, máis políticos, porque na súa rexión do norte da India teñen unha lingua propia minorizada e fíxase na nosa e en como recuperou o prestixio perdido no franquismo.

Hai tamén estudantes doutros puntos de España, que repiten atraídos pola calidade do programa. E seareiros totais aos que case non lles dá tempo de enumerar todos os entusiasmos. Sorte que o programa de actividades é tan amplo como a curiosidade ou interese dos alumnos deste ano.

"Contidos que teñen que ver coa arte, coa literatura, coa tradición oral, coa situación da lingua e outros aspectos sociolingüísticos. E tamén procuramos que contacten co país e que non quede todo no que se da na aula, aínda que nesa aula haxa contidos moi diversos", detallou Henrique Monteagudo, o presidente da RAG.

Os alumnos lembran no Ano de Castelao o discurso Alba de Gloria, de Castelao, e préstanse a contribuír a que a lingua permaneza viva e se estenda polo mundo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos