Aves de rapina, unha opción ecolóxica para limitar gaivotas e pombas
Pontevedra fará un contrato plurianual para evitar as molestias das aves
Gaivotas e pombas invaden as nosas cidades sobre todo as do litoral. A cidade de Pontevedra elaborou un concurso plurianual para retirar niños, ovos e crías de gaivota e tamén quere controlar a poboación de pombas.
A choiva comeza a afastar as aves das nosas cidades. Hai empresas como A Devesa das Rapinas que ofrecen as súas aguias e outros animais para escorrentar as molestas gaivotas e pombas. Traballan sobre todo en portos e con empresas de peixes ou grans. Un dos seus maiores éxitos foi no porto de Marín.
Aarón estima que para Vigo a poboación ideal de gaivotas e pombas non debería exceder as 10.000 e en Pontevedra unhas 5.000. Todo apunta que polo de agora son moitas máis sobre todo en determinadas zonas das cidades.
Ademais de arrasar nas terrazas, tamén o fan nas praias deixando este verán sen comida a máis de un.