O cambio climático acentúa os fenómeos atmosféricos extremos
Segundo os expertos, moitos deles, que ata agora eran pouco habituais, xa comezan a ser frecuentes e outros están a aumentar a súa intensidade
O cambio climático pode aumentar o número de incendios e tamén agravalos
Hai poucos días esta nube tsunami aparecía no norte da costa portuguesa. Un fenómeno máis habitual en lugares como Australia que sorprendía en augas atlánticas. É un exemplo máis de que o cambio climático incrementa os fenómenos atmosféricos extremos.
Viámolo tamén no último incendio en LLeida cunha impredicible nube de gases e vapor que agravou a traxedia. O cambio climático, de feito, pode aumentar o número de incendios e tamén agravalos.
Temperaturas extremas con vagas de calor severas, chuvias escasas pero torrenciais e furacáns de maior intensidade son algúns dos fenómenos que se verán favorecidos polos efectos do cambio climático.