Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os triángulos de perigo deixarán de ser obrigatorios en 2026

Os triángulos de perigo deixarán de ser obrigatorios en 2026

A partir do un de xaneiro de 2026 a DXT obrigará os condutores a utilizar un novo sistema de sinalización nas estradas para informar das avarías ou accidentes

O dispositivo V16 contén unha luz luminosa e leva incorporado un sistema de baliza con xeolocalización

G24.gal 01/07/2025 14:51

Os famosos triángulos de perigo serán substituídos por unha baliza que emite ao mesmo tempo un sinal luminoso.

"Do que se trata de evitar neste caso é o atropelo do usuario cando baixaba do vehículo para ir colocar os triángulos, neste caso a uns cincuenta metros", di Benito Bouzada, portavoz da Federación Estatal de Técnicos de educación e seguridade.

Sen saír do noso vehículo tras un accidente ou avaría, podemos colocar e activar a baliza.

"Facémoslle o xiro e no momento que o poñamos no teito do vehículo xa terá a conectividade da plataforma DXT3.0"

Porque esta baliza de sinalización, conta cunha tarxeta sim que dará a posición exacta do noso vehículo

"O aviso inmediato a central  da DXT e tamén aos equipos de emerxencia coa información correspondente a todos aqueles vehículos que xa teñan incluída a aplicación da app da DXT 3.0.", afirma Bouzada.

E con todos os datos poderán informar tamén, case en tempo real, os condutores da vía a través destes paneis de control de tráfico. O seu custo é duns 50 euros. Quedan exentos da súa obrigatoriedade motocicletas e ciclomotores. 

"Pero, de momento, somos os únicos na Unión Europea que imos ter a obriga de levar este dispositivo V16 a partir do un de xaneiro de 2026", conta Bouzada. 

O V16 non é obrigatorio fóra de España e os estranxeiros quedan exentos de usalo. Un dispositivo que busca reducir os atropelos nas estradas. Polo que incumprir a norma suporá multas de arredor de 80 euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade