Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Río Breogán, a pola primeira en Zaragoza

O Río Breogán, a pola primeira en Zaragoza

O Zaragoza suma un triunfo e unha derrota neste inicio de liga

Hai un ano, o Breogán de Mrsic perdía en Zaragoza por 58 puntos de diferenza

G24.gal 18/10/2025 13:22

Dise que hai que lembrar a historia para non repetila. E seguramente resulta desagradable botar a ollada de novo a unha derrota por 58 puntos de diferenza. Foi decisiva para o posterior adeus de Veljko Mrsic, unhas  semanas despois. Dito esto, temporada nova e novas opcións para o equipo de Luis Casimiro que non o terá sinxelo na pista do Zaragoza. Alí xa caeu o Baskonia na primeira xornada e esta semana houbo triunfo en competición europea.

Mellora no balance defensivio ou no rebote en aro propio. Poden ser dúas chaves do partido. Logo dunha estrea desafortunada en Lleida e do ciclón atacate dun Valencia superior, o de hoxe debe ser un partido que amose o nivel real deste Breogán.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade