Contido con Temática .
Sociedade

No último ano a cooperación internacional galega impulsou 120 proxectos de 23 países
15/07/2025 20:49
O seu orzamento superou os 22 millóns de euros, que contribuíron mellorar a vida de máis de 400.000 persoas de 23 países

Unha factoría de San Simón, en Vilalba, elabora o mellor queixo de España
15/07/2025 20:43
O Ministerio de Agricultura concedeulle este premio, onde se impuxo sobre 135 mostras
Os consumidores valoran o produto e destacan o seu sabor afumado

Chegan a Vigo os "brioche con gelato" típicos de Sicilia
15/07/2025 20:19
Sabiamos que o pan admite moitas posibilidades, pero agora en Vigo súmase unha máis: o bocadillo de xeado
Trátase dun bolo doce recheo de ata tres sabores de xeado

Falece unha muller mentres practicaba submarinismo en Ribadeo
15/07/2025 19:48
A muller foi localizada no interior dunha cova e foi trasladada xa sen vida á base do helicóptero de Salvamento Marítimo Pesca II, en Celeiro

Detidas tres persoas dunha rede que transportaba drogas de Galicia a Canarias
15/07/2025 19:32
A Policía interceptou dous homes no aeroporto de Santiago con cocaína e MDMA
A operación desarticulou un grupo que usaba 'mulas' en situación vulnerable

Os Mossos investigan o asasinato dun home a tiros nun portal do Eixample de Barcelona
15/07/2025 19:23
A policía busca o autor ou autores e analiza os indicios no lugar dos feitos

Falece un motorista arroiado no Rosal por un vehículo que invadiu o carril contrario
15/07/2025 19:05
A Garda Civil iniciou unha investigación para dar co condutor do turismo que permanece en paradoiro descoñecido

Cinco dos radares que máis multan en toda España están en Galicia
15/07/2025 16:54
Galicia é a cuarta comunidade de España que máis multas de tráfico recibe

Interceptan o patrón maior de Portonovo con 116 quilos de polbo ilegal
15/07/2025 16:49
O polbo incautado xa lle foi entregado ao Banco de Alimentos de Pontevedra

Os mutualistas de Muface de Galicia dispoñen xa de receita electrónica
15/07/2025 15:48
Galicia súmase ás outras 9 comunidades que xa gozan deste servizo

Entramos na factoría de Morás, a "nova cociña" de Estrella Galicia
15/07/2025 15:41
Xa ten en marcha dúas liñas de fermentación e maduración con capacidade para producir 400 millóns de litros ao ano
Pretenden ir escalando á vez o mercado e a ampliación das instalacións previstas para 900 millóns

O novo presidente do TSXG reivindica unha Xustiza empática coas necesidades "reais" da cidadanía
15/07/2025 14:48
Reitera o seu compromiso coa loita contra a violencia de xénero e a atención ás vítimas vulnerables

En liberdade o menor de Lalín que ameazou un grupo de adolescentes con disparos ao aire
15/07/2025 14:31
O rapaz, que xa está en liberdade, puido usar unha pistola de simulación, pero non apareceron os cartuchos
Buscan unha segunda persoa do mesmo grupo, que lle pegou a un home que quixo mediar

Un dispositivo especial de seguridade desprégase en Santiago para as festas do Apóstolo
15/07/2025 14:29
A Xunta Local de Seguridade deseñou o plan especial, que despregará máis de 250 efectivos na cidade durante as festas

De escalada en Estribela para ir á casa
15/07/2025 14:14
Veciños do barrio pontevedrés usan dende hai 20 anos unha corda para subir a costa da rúa Pinal do Léon
Láianse do estado de abandono, con maleza, restroballos e cables que poñen en risco aos peóns

O mal estado do edificio incendiado en Pontevedra ralentiza a normalización da mobilidade
15/07/2025 14:09
As altas temperatura alcanzadas no sinistro e a gran cantidade de auga empregada deixaron moitas zonas do inmoble en inestabilidade
A rúa segue parcialmente cortada ao tránsito unha semana despois do incendio

As Rías Altas seguen medrando como destino turístico
15/07/2025 14:02
Os viaxeiros buscan praias únicas, tranquilidade e unha boa gastronomía

Máis de corenta participantes nas Escolas Abertas da Xunta para a diáspora galega
15/07/2025 13:50
Docentes de centros galegos no exterior recibiron formación para preservar e difundir a cultura e as tradicións de Galicia
O alumnado procede de once países de América, Europa e doutras comunidades españolas

Cae unha banda que extorsionaba os usuarios dunha plataforma de citas
15/07/2025 13:41
A primeira denuncia foi feita en 2023 por un veciño dunha localidade mariñá
A organización criminal obtivo un beneficio de máis de 250.000 euros coas ameazas ás vítimas

Aparece o cadáver dun septuaxenario aboiando en Moaña
15/07/2025 11:37
Estaba a carón dunha embarcación envorcada, na praia de Borna

A Xunta abre o prazo para pedir as axudas para persoas con ELA
15/07/2025 10:18
Estas axudas dotarán de 12.000 euros anuais aos solicitantes
Agárdase que as axudas cheguen a unhas 200 persoas afectadas pola patoloxía

Os cans de terapia chegan á Unidade de Psiquiatría do Hospital de Oza da Coruña
15/07/2025 08:29
Trátase dunha ferramenta cada vez máis empregada polos seus beneficios terapéuticos, emocionais e sociais

O Goberno aproba a reforma das leis de dependencia e da discapacidade
14/07/2025 22:38
A nova norma amplía dereitos e prestacións e axiliza os procedementos
Inclúe medidas para garantir a accesibilidade e eliminar discriminacións
Galicia duplicou o número de expedientes favorables de dependencia e discapacidade

Feridos un menor e un adulto ao chocar con unha moto de auga contra o porto de Samieira, en Poio
14/07/2025 22:03
O accidente ocorreu na tarde do luns e precisaron asistencia médica urxente
A Policía Local investiga as causas do sinistro

Un bar de Covas, en Ferrol, sortea un clásico 4 Latas entre a súa clientela
14/07/2025 21:48

Xardíns como refuxio contra o cambio climático
14/07/2025 21:22
A natureza pode converterse na mellor aliada contra a calor. E hai xardíns precisamente deseñados para loitar contra esas temperaturas extremas que están detrás do cambio climático
Allariz colleu esta temática para celebrar a décimo quinta edición do Festival Internacional de Xardíns

Sortea un remolque de 4.592 botellas de cervexa polo aniversario da súa cafetería
14/07/2025 18:57
A dona do establecemento, situado na Pobra de San Xiao, en Láncara, reparte as rifas entre os seus clientes
O agasallo está valorado en tres mil euros e será o 1 de agosto cando se coñeza o gañador, nunha festa con música en directo

Suspenden o desafiuzamento dunha inquilina morosa na Coruña polo atraso de 5 minutos do cerralleiro
14/07/2025 15:55
A xestora xudicial aprazou o desaloxo porque o cerralleiro non estaba
O xulgado ten previsto proceder ao desafiuzamento esta semana
A dona do piso leva 5 anos sen cobrar o alugueiro

A Coruña, en pé de guerra contra as pintadas
14/07/2025 14:49
Dende a creación da Oficina Virtual do Graffiti conseguiron reducir a un terzo as pintadas
Destínanse anualmente 150.000 euros para a eliminación de graffiti

14/07/2025 14:47
Varias das vítimas desta rede rexeitaron presentar denuncia, algo que a Garda Civil atribúe á "vergoña ou temor a que os feitos sexan coñecidos pola súa contorna máis próxima"

A Illa de Arousa establece restricións ao tráfico polas festas do Carme
14/07/2025 14:18
Nalgunhas zonas queda prohibido o acceso dos vehículos desde o día 16 e noutras non se poderá estacionar
Recomendan o uso do aparcadoiro público situado a carón do instituto

Os miradoiros da costa galega, reclamo turístico no verán
14/07/2025 14:17
Ao longo da costa galega atópanse unha chea de miradoiros que permiten gozar das mellores vistas ao mar
No verán vense cheos de xente para observar a paisaxe, facer fotos ou ver a posta de sol

14/07/2025 13:33
A Garda Civil intensifica esta semana en todas as estradas e a calquera hora os controis de alcoholemia e de drogas

A familia da octoxenaria desaparecida en Lugo pide que se revisen as gravacións das cámaras
14/07/2025 13:32
Tanto a familia como as persoas achegadas seguen a buscar a Isaura Vázquez por toda a cidade

Interceptan máis de 280 quilos de lagostinos sen documentación nunha furgoneta na Coruña
14/07/2025 12:58
O vehículo transportaba 429 quilos cando só tiña documentados 148
O valor total ascendía a máis de 12.000 euros

Desartellan un grupo criminal que suplantaba bancos con SMS falsos e conseguiu un millón de euros
14/07/2025 11:14
Estafaban a xente facéndose pasar pola súa entidade bancaria a través dun SMS
Xa están detidas e postas a dispor xudicial 19 persoas, e outras 21 identificadas

Detido o quinto integrante dunha organización criminal do sur de Pontevedra
14/07/2025 10:10
O detido, un mozo de 21 anos, atopábase escondido nun inmoble de Ourense
Formaba parte dunha organización criminal que cometía asaltos con violencia no sur de Pontevedra

Un terremoto de 5,5 sacode o Mediterráneo e séntese en España, Marrocos e Alxeria
14/07/2025 08:35
Os servizos de emerxencias recibiron decenas de chamadas de particulares nos minutos posteriores ao terremoto
Rexistradas trece réplicas e danos materiais leves no aeroporto de Almería
O concello de Lorca activou na súa fase de preemerxencia o seu plan de protección civil e está a avaliar o estado dalgunhas infraestruturas do municipio, afectado gravemente por dous sismos en 2011

Un detido e cinco feridos leves tras outra noite de disturbios en Torre Pacheco
13/07/2025 21:41
A intervención das forzas de seguridade impediron que a situación de violencia fose a máis no municipio murciano
A Garda Civil ten despregados 75 axentes e contan coa chegada de reforzos ante posibles novos enfrontamentos
Os altercados prodúcense tras a brutal agresión sufrida o mércores pasado por un veciño da localidade de 68 anos

A praia fluvial da Calzada segue a ser a única en Galicia con bandeira azul
13/07/2025 21:19
Situada no río Verdugo, pertence a Ponte Caldelas e as súas augas analízanse cada quince días