Publicador de contidos

Publicador de contidos

Máis de corenta participantes nas Escolas Abertas da Xunta para a diáspora galega

Máis de corenta participantes nas Escolas Abertas da Xunta para a diáspora galega

Docentes de centros galegos no exterior recibiron formación para preservar e difundir a cultura e as tradicións de Galicia

O alumnado procede de once países de América, Europa e doutras comunidades españolas

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración clausurou en Santiago o programa Escolas Abertas O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración clausurou en Santiago o programa Escolas Abertas
G24.gal 15/07/2025 13:50

Máis de corenta alumnas e alumnos procendentes de once países de América e Europa e doutras comunidades españolas participaron este mes no programa da Xunta Escolas Abertas, para a difusión do baile e a música tradicionais de Galicia.

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración clausurou no Centro de Hostalería de Galicia, en Santiago, esta iniciativa dirixida a docentes de centros galegos, que desde o seu nacemento formou xa dúas mil persoas. 

José González subliñou o apoio da Xunta á galeguidade exterior para espallar a nosa cultura e tamén para favorecer a integración dos retornados, con programas de formación e inserción sociolaboral en Galicia e coas bolsas de excelencia para a mocidade con alta cualificación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade