Publicador de contidos

Publicador de contidos

Colapso nos arquivos eclesiásticos pola fin da Lei de Netos

Colapso nos arquivos eclesiásticos pola fin da Lei de Netos

Este mércores remata o prazo para que os descendentes dos galegos que tiveron que emigrar poidan solicitar a nacionalidade

G24.gal 22/10/2025 14:30

"Volvín das vacacións en agosto con 1.600 correos e hoxe estou en 2.255, e iso indo a todo o que me dá a vida", comenta Pablo Cid, encargado do Arquivo Diocesano de Ourense.

Son as solicitudes de documentación que teñen pendentes e o teléfono non deixa de soar. Saber a parroquia de orixe é un dato fundamental para poder atopar partidas de bautismo, matrimonio ou defunción nos máis de dez mil libros que atesoura neste arquivo.

"Cando emigraban, subliña Pablo, púñanlle Ourense, non puñan Xinzo de Limia, por exemplo, entón veñen buscando Ourense, é son as 750 parroquias máis unhas trescentas da diocese de Astorga, e é inabarcable."

Modificacións nos nomes ou imprecisión de datas complican tamén a busca. Nestes libros está a documentación dos avós de Diego Hernán, orixinarios de Celanova. El é un dos máis de 400 mil descendentes de emigrantes que xa accederon á nacionalidade a través da Lei de Memoria Democrática, tamén coñecida como Lei de Netos, que entrou en vigor hai tres anos e se tivo que prorrogar pola alta demanda. El tardou case ano e medio en completar os trámites e a súa filla aínda ten cita para mediados do ano que vén. A Arxentina é, xunto con Cuba, o país con máis solicitudes.

Aínda que este mércores remata o prazo de solicitude, os trámites para obter a nacionalidade por esta lei poden alongarse meses ou anos debido ao colapso burocrático. Os últimos datos do Ministerio falan de preto de 900.000 solicitudes, pero estímase que poden superar o millón e medio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade