Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os xoguetes que deixaron de ser para nenos

Os xoguetes que deixaron de ser para nenos

Os enredos clásicos resístense a desaparecer e en moitas tendas de coleccionista aínda atopan unha nova vida

G24.gal 22/10/2025 14:35

Os tempos cambian e os xoguetes tamén. Hoxe as pantallas e os robots substituíron os trens e as bonecas, E son máis ben os pais os que buscan algo máis educativo, e xoguetes tradicionais de madeira.

E as modas tamén cambian tan rápido que o que hoxe triunfa maña xa está esquecido. As tendas de xoguetes tradicionais reséntense, pero non todo está perdido grazas aos coleccionistas. Din que son nenos, pero tamén maiores, que no seu momento tiveron estes xoguetes e gústalles volver telos.

E cada vez son máis os negocios que atopan neste público unha nova vía de negocio. Porque nun mundo cambiante os xoguetes seguen contando historias que non caducan.

Os xoguetes clásicos resístense a desaparecer e en moitas tendas de coleccionista aínda atopan unha nova vida.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade