Publicador de contidos

Publicador de contidos

En liberdade o menor de Lalín que ameazou un grupo de adolescentes con disparos ao aire

En liberdade o menor de Lalín que ameazou un grupo de adolescentes con disparos ao aire

O rapaz, que xa está en liberdade, puido usar unha pistola de simulación, pero non apareceron os cartuchos

Buscan unha segunda persoa do mesmo grupo, que lle pegou a un home que quixo mediar

 

G24.gal 15/07/2025 14:31

Ocorreu nas canchas de baloncesto da Rolda Leste, contra a noitiña, mentres un grupo de adolescentes apuraba a tarde.

"Eu escoitei coma dous petardos. Escoitábase o balón botar e despois dos dous petardos, marchou todo o mundo", explica unha veciña

Era o obxectivo: intimidalos. O detido é un rapaz menor de idade que vive apenas a uns metros das canchas, na rúa paralela. Suponse que usou unha arma de simulación, pero esa é a teoría, porque na zona non apareceu nin rastro dos cartuchos.

"Vin a Garda Civil aquí no parque e dicíalle un ao outro: imos ver se vemos balas". Baixaron ata o parque e miraron cunhas lanternas a ver se atopaban algunha bala ou algo, pero non atoparon nada", engade a muller.

Co detido, que xa está en liberdade, estaba outra xente, que aínda non foron identificados. De feito, a Garda Civil mantén a investigación aberta para dar cunha segunda persoa que, segundo parece, golpeou un adulto que quixo mediar. 

"O venres levaron de aquí un detido. Creo que polo menos algún é maior de idade e, de feito, vive nesta rúa", confirma outra rapaza da zona 

Hai preocupación porque as canchas son o lugar de recreo de nenos e adolescentes, máis aínda agora que vai bo tempo.

"Fillos de gardas civís veñen aquí xogar ao baloncesto porque o cuartel está a uns metros, nenas pequenas a facer ximnasia, é unha zona que mete moito recreo", lamenta esta veciña.

Este incidente chega cando aínda non pasou un mes dunha suposta agresión sexual a unha menor, tamén nesa zona da vila. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade