Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigan a morte por disparo de arma de fogo dun home en Mesía

Investigan a morte por disparo de arma de fogo dun home en Mesía

O home co que compartía casa di que escoitou ruído e cando foi ver atopouno morto. Logo a historia complícase, xa que antes de alertar do sucedido di que se desfixo dunha arma que tiña no seu coche

A vítima presentaba un disparo no abdome, e na vivenda atoparon outra arma, que non se sabe se é coa que se efectuou o disparo

G24.gal 10/08/2025 23:25 Última actualización 11/08/2025 11:11

Un home faleceu este domingo no concello coruñés de Mesía a causa do disparo dunha arma de fogo que a Garda Civil está a investigar.

Sobre as 17:10  horas da tarde deste domingo, o 112 Emerxencias de Galicia recibiu unha chamada avisando da morte dun home por disparo nunha vivenda da parroquia de Visantoña. Ao lugar do suceso acudiu axiña un helicóptero medicalizado do 061, que xa non puido facer nada pola vítima.

Segundo a versión que deu o home que compartía vivenda coa vítima, el escoitou un ruído na casa e cando foi ver descubriu que estaba morto. A continuación, asegura que se agoniou, xa que el mesmo era posuidor dunha arma, que di que tiña no coche, e foise desfacer dela. Despois xa é cando avisa un veciño, que é quen alerta as forzas de seguridade.

Fontes da investigación relatan que o falecido, que estaba en busca e captura, tiña un disparo no abdome. Na vivenda atoparon outra arma, que polo momento non se sabe se é coa que se efectuou o disparo. 

Ao compañeiro de casa non lle atoparon restos de pólvora nas mans.

A Garda Civil fíxose cargo da investigación. Un equipo de Criminalística realizou as primeiras pescudas na vivenda. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade