Cargando resultados...
Interceptan o patrón maior de Portonovo con 116 quilos de polbo ilegal
O polbo incautado xa lle foi entregado ao Banco de Alimentos de Pontevedra

G24.gal
15/07/2025 16:49
Efectivos de Gardacostas da Xunta de Galicia sorprendérono cando chegaba ao porto de Portonovo.
Levaba 116 quilos de polbo que presuntamente capturara ilegalmente en augas da ría de Pontevedra. Os axentes xa sospeitaban da actividade ilícita do patrón e armador do Nuevo Fren Uno. O polbo incautado xa lle foi entregado ao Banco de Alimentos de Pontevedra.