Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detidas tres persoas dunha rede que transportaba drogas de Galicia a Canarias

Detidas tres persoas dunha rede que transportaba drogas de Galicia a Canarias

A Policía interceptou dous homes no aeroporto de Santiago con cocaína e MDMA

A operación desarticulou un grupo que usaba 'mulas' en situación vulnerable

Imaxe de arquivo Imaxe de arquivo
G24.gal 15/07/2025 19:32

A Policía Nacional informou este martes da detención de tres persoas que formaban parte dunha rede dedicada ao transporte de drogas desde Galicia ata as Illas Canarias, principalmente a Fuerteventura.

As dúas últimas detencións producíronse o pasado 11 de xullo, cando os axentes arrestaron no aeroporto de Santiago de Compostela dous homes que se dispoñían a tomar un voo cara á illa.

Entre ambos transportaban 800 gramos de cocaína e 120 de MDMA, ademais de algo máis de 2.000 euros en efectivo.

Operativo iniciado en setembro

O operativo comezou en setembro pasado, despois de que nese mesmo aeroporto a Policía interceptase un home que pretendía pasar o control de seguridade cunha cantidade de droga oculta no seu corpo.

A partir dese momento, o grupo IV da Brigada Local de Policía Xudicial da Comisaría de Santiago de Compostela iniciou unha investigación que permitiu desarticular esta rede, que utilizaba 'mulas', persoas en situación de vulnerabilidade económica ás que lles encargaba o transporte de droga a cambio dunha contraprestación de entre 1.000 e 3.000 euros.

As dilixencias policiais foron postas xa a disposición do Xulgado de Instrución número 3 de Santiago de Compostela, que decretou o ingreso en prisión provisional dos detidos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade