Cinco dos radares que máis multan en toda España están en Galicia
Galicia é a cuarta comunidade de España que máis multas de tráfico recibe
Cinco dos radares que máis multan en toda España están en Galicia. O primeiro posto é para o situado na A-52 á altura da Cañiza, uns metros despois da saída do túnel do Folgoso en sentido Vigo cun total de 17.221 infraccións o ano pasado.
O xa vello coñecido da A-55 ao seu paso por Mos abandona o primeiro posto e queda no segundo cunha baixada considerable das máis de 45.000 multas do ano 2023 ás 17.000 do ano pasado.
Non moi lonxe tamén na A-55 está o terceiro radar galego con máis infraccións por sobrepasar a velocidade, con 16.000 multas no 2024. Fóra da provincia de Pontevedra hai outros dous parellos que tamén suman un bo número de sancións. O da AG-55 é o punto de máis denuncias na provincia da Coruña, seguido do radar da A-8 en Lugo entre Mondoñedo e Abadín.
Galicia é a cuarta comunidade de España que máis multas de tráfico recibe.