Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia duplicou o número de expedientes favorables de dependencia e discapacidade

Galicia duplicou o número de expedientes favorables de dependencia e discapacidade

Entre xaneiro e xuño a Xunta atendeu 12.500 novos dependentes e resolveu 30.000 novos expedientes de discapacidade

A Xunta acorda outorgar a Medalla de Ouro de Galicia aos alcaldes do Porto e Braga, "dúas persoas que representan o espírito de cooperación entre Galicia e o norte de Portugal" 

G24.gal 15/07/2025 11:09

Galicia duplicou o número de expedientes favorables de dependencia e discapacidade entre xaneiro e xuño deste ano, respecto ao mesmo período de 2024. Son un total de 42.500 novos expedientes: 30.000 de discapacidade e 12.500 de dependencia.

Confirmouno o presidente, Alfonso Rueda, na comparecencia de prensa posterior ao Consello da Xunta. Segundo dixo, o obxectivo é chegar aos 90.000. Segundo Rueda, Galicia é a comunidade onde máis aumentou o número de persoas atendidas nos últimos doce meses.

"Máis de 22.500 millóns de euros que están gardados nun caixón"

No Consello, o presidente da Xunta avanzou que Galicia executou xa o 85% dos fondos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (MRR) concedidos a Galicia. Á nosa comunidade correspóndenlle 1.745 millóns de euros e deles xa recibiu 1.631. "Faltan por chegar 114 millóns", sinalou o presidente.

Ademais, o xefe do executivo galego afirma que o Goberno central ten sen adxudicar máis da metade dos fondos que lle corresponden á nosa comunidade.

"Mentres Galicia cumpre, non ocorre o mesmo cos fondos que son xestionados ao 100% polo Goberno central a través dos PERTE. Aínda están sen adxudicar máis da metade deses fondos (o 55%), ou o que é o mesmo: máis de 22.500 millóns de euros que están gardados nun caixón en lugar de contribuír ao progreso económico e ao benestar".

Os alcaldes do Porto e Braga, Medalla de Ouro de Galicia

Na reunión de hoxe, o Consello da Xunta acordou outorgar a Medalla de Ouro de Galicia aos alcaldes do Porto, Rui Moreira, e de Braga, Ricardo Río. Súmanse ás entregadas este luns á princesa Leonor.

Segundo explicou o presidente Alfonso Rueda, "trátase dun recoñecemento a dúas persoas que representan o espírito de cooperación entre Galicia e o norte de Portugal" e son "aliados fundamentais" para reclamar o corredor atlántico de alta velocidade.

As medallas entregaranse o vindeiro 24 de xullo.

Investigación

 Ademais, a Xunta vai destinar 53 millóns de euros a impulsar que o coñecemento que sae dos laboratorios pase á empresa e á sociedade. Haberá axudas para que, por exemplo, pequenas e medianas empresas colaboren con centros tecnolóxicos en proxectos de investigación. Tamén haberá apoios para mellorar as infraestruturas tecnolóxicas que faciliten esa transferencia de coñecemento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos