O gol da galega Ale de Paz non lle serve a España para meterse na final do Mundial
Perdeu nas semifinais diante do Brasil por 1-4
A selección do Brasil derrotou a España na semifinal da Copa do Mundo de fútbol sala feminino e enfrontarase a Portugal na final do primeiro Mundial da historia. Rachouse o soño das catro xogadoras galegas que forman parte do plantel: Vane Sotelo, Ale de Paz, Antía Pérez e Marta López-Pardo. A xogadora de Neda Ale de Paz marcou o único gol de España pero non foi dabondo para derrotar a un rival que se amosou superior.
A clave do encontro estivo no primeiro minuto, no que o Brasil saiu moito máis metido no partido e conseguiu unha vantaxe de dous goles. Marcaron as xogadoras de Melilla Ana Luiza e Amandinha. Chegouse así ao descanso e no segundo tempo o equipo brasileiro aumentou a diferenza. Ale de Paz recurtou diferenzas pero o equipo sudamericano marcou o cuarto e sentenciou a eliminatoria.