As Rías Altas seguen medrando como destino turístico
Os viaxeiros buscan praias únicas, tranquilidade e unha boa gastronomía
As Rías Altas seguen medrando como destino turístico, demostrando que teñen moitos recunchos por descubrir.
"Vimos buscando tranquilidade. Pero tamén polas praias e a gastronomía", din uns visitantes.
Quen descobre este destino por primeira vez queda abraiado do seu ambiente relaxado, pero tamén da súa riqueza natural. E por iso, moitos repiten cada ano.
"Veño desde hai moitísimos anos... Somos cinco irmáns. Moitas familias xa deixan a casa que alugan reservada para o ano seguinte", explica Marisa Conde, da inmobiliaria CEGA.
De aí que moitos hoteis rolden o 100 por cento da súa ocupación. É complicado tamén atopar unha vivenda para alugar en primeira liña de praia.
"É que isto é espectacular. Merece moito a pena vir", di unha turista de Salamanca.