Publicador de contidos

Contido con Temática Medio Ambiente .

Publicador de contidos

Contido con Temática Medio Ambiente .

Medio Ambiente

Leiro rexistrou este domingo 33 graos, a temperatura máxima de Galicia

14/04/2024 20:59

O venres chegou aos 34,5 graos, o récord nun mes de abril dende que hai rexistros

A partir do luns baixan as temperaturas, cunha máxima prevista en Ourense de 25 graos


A Xunta prohibe queimas de restos agrícolas e forestais dende o luns

14/04/2024 18:56

Ata novo aviso non se darán permisos e os que xa están concedidos quedan en suspenso


Recorren ás árbores autóctonas para loitar contra as acacias invasoras

13/04/2024 21:09

A asociación veciñal de Penavaqueira, en Melón, organizou unha xornada comunitaria de limpeza do monte

Arrincaron as especies foráneas para plantar freixos e castiñeiros

 


A Fundación ABANCA recolle 1.300 quilos de lixo no illote Guidoiro Areoso

13/04/2024 19:57

Desde que botou a andar o proxecto PLANCTON levan recollidas case 67 toneladas de residuos nos mares e areais galegos


Ourense volve bater marcas de calor, con temperaturas por riba dos 30 graos

13/04/2024 14:16

Rexistráronse 34,5 graos en Leiro e 33,9 na capital, as temperaturas máis altas en abril desde que hai rexistros

Foron tamén as temperaturas máis altas de España, só superadas polas illas Canarias

 


Calor de verán estes días en Galicia

11/04/2024 14:22

En Ourense agardan esta tarde 30 graos


Soben as temperaturas máximas e mínimas no país

10/04/2024 14:27

Meteogalicia prevé que Ourense chegue o venres aos 31 graos

Vén a calor de verán despois da choiva e o frío


Denuncian un incremento do 'greenwashing' agrario

10/04/2024 14:17

Este nome en inglés refírese ao lavado de cara que fan algunas empresas para vender como ecolóxicos produtos que en realidade non respectan o medio natural

Intereco, a asociación das entidades de control da produción ecolóxica, pediu en Santiago unha regulación do uso dos termos na etiquetaxe de alimentos


Eclipse vista dende México

As nubes impiden gozar en Galicia dunha eclipse que deixa ás escuras América do Norte

08/04/2024 21:18

En 2026 poderemos ver unha eclipse total de sol en Galicia


Eclipse visto dende México

A eclipse de sol poderá verse parcialmente en Galicia durante poucos minutos

08/04/2024 08:05

A provincia da Coruña é o mellor punto da Península Ibérica para albiscar a eclipse solar

Preme na imaxe da dereita para ver en directo a eclipse en Galicia


Vigo é unha das cidades da península onde máis está a subir o nivel do mar

06/04/2024 14:35

O mar medra un centímetro cada 4 anos, segundo un informe do Instituto de Hidráulica Ambiental


Activado o aviso laranxa na Costa da Morte por temporal no mar

06/04/2024 14:06

O resto de litoral coruñés e o de Pontevedra tivo aviso amarelo por ondas de 4 a 5 metros


A suba da temperatura media en dous graos aceleraría os fenómenos extremos

06/04/2024 13:03

O inverno foi 1,8 graos máis cálido do habitual e a AEMET prognostica que a primavera tamén o será

As principais cidades galegas e o sector do mar serían os grandes prexudicados do aumento da calor


Denuncian a existencia dun vertedoiro ilegal a carón do Camiño Portugués

05/04/2024 14:03

Os refugallos acumúlanse a poucos metros do río Gafos e dunha ponte medieval

Hai unhas semanas retiraron doutra finca cercana varias toneladas de refugallos


Sinal en directo da cámara web da CRTVG en Muxía

Activada a alerta laranxa na Coruña por abundantes chuvias e ventos de ata 100 km/h

05/04/2024 08:49

As ondas poderían acadar os cinco metros de altura nalgúns puntos do litoral

A Dirección Xeral de Emerxencias da Xunta recomenda á poboación manterse afastada da costa para evitar riscos


Queixas no Corgo polos cortes de luz, que moitos achacan ás cegoñas

04/04/2024 12:34

Algúns veciños cren que as aves provocan os apagamentos ao facer os niños nos postes

Os cortes poden durar horas e condicionan a vida e os negocios do concello


Greenfiber lanza unha web da fábrica de Altri en que nega ser unha celulosa para papel

03/04/2024 18:43

Asegura que se nutrirá de eucalipto "excedentario" e que "non será necesario incrementar" a superficie desta especie


En Pontevedra as casas que conten cun terreo de máis de 50 metros terán que ter composteiro propio

03/04/2024 14:24

É unha das obrigacións que recolle a nova normativa municipal de residuos, ata o de agora o uso dos composteiros era voluntario

O Concello quere que no 2025 o 55 por cento dos residuos municipais sexan reutilizados ou reciclados


Crean en Vilalba unha chaqueta lixeira que evita as picadas das avespas asiáticas

03/04/2024 14:11

Os profesionais e os particulares agora tamén poderán protexerse dos ataques da velutina

O novo equipo de protección está especialmente deseñado para labores coma rozas ou cortas


Aumentan os osos no Pireneo catalán

03/04/2024 07:42

O Grupo de Seguimento detectou máis de 40 exemplares en 2023


Medio Rural desprega unha rede de trampas xeolocalizadas para velutinas

02/04/2024 14:26

Son selectivas para evitar que caian nelas os insectos que son importantes para o ecosistema

Están destinadas a capturar as avespas velutinas raíñas, que nesta época están a construír os niños primarios


Tantos días de chuvia seguida pode afectar ao estado anímico

02/04/2024 14:26

Ás persoas aféctalles o contexto polo tanto a chuvia e o tempo tamén acaba por afectarnos


Sinal en directo da cámara web da CRTVG en Fisterra

Alerta laranxa por vento na costa da provincia da Coruña e amarela no resto de Galicia

02/04/2024 10:20

Espéranse refachos por riba dos 100 quilómetros por hora, con vento de dirección sur e suroeste, que afectarán o noroeste, oeste e suroeste da Coruña

Rexistráronse xa refachos que alcanzaron os 130 quilómetros por hora en Viveiro e superaron os 124 quilómetros por hora na serra do Xistral, en Muras


Continúa a choiva esta semana

Aviso laranxa por vento e ondas a partir deste martes na Coruña

01/04/2024 15:00

Entramos nun novo mes, pero o tempo meteorolóxico non cambia moito


Na bacía do Miño-Sil xa choveu en 6 meses tanto como en todo un ano hidrolóxico

01/04/2024 14:43

Os encoros están 13 puntos por riba da media histórica, achegándose ao 90 por cento da súa capacidade

Os ríos levan o dobre de auga do que é habitual nesta época do ano

Etiquetas:  CHUVIA

A borrasca Nelson deixa centos de incidencias por neve, chuvia e vento

31/03/2024 21:09

Este domingo houbo dez comunidades autónomas con aviso amarelo 

En Menorca unha persoa faleceu e outras seis foron rescatadas despois de envorcar a embarcación en que navegaban


A borrasca Nelson mantén en alerta Andalucía, Murcia e as Baleares

30/03/2024 20:55

Hai unha trintena de estradas afectadas pola chuvia ou a neve en Andalucía

En Guadalaxara, Toledo e Cidade Real seguen con preocupación o nivel de moitos ríos

En Zaragoza, o concello activou o Plan de Emerxencias Municipal ante a enchente do río Gállego ao seu paso pola cidade


Esta tarde actívase o aviso amarelo por mar de vento no litoral da Coruña

30/03/2024 20:27

Nas montañas de Lugo e de Ourense as nevaradas van continuar a partir dos 900 metros


A borrasca Nelson vaise retirando, pero deixa choiva en Galicia e neve na península

30/03/2024 14:59

O temporal levará precipitacións intensas a Andalucía e ao oeste do Sistema Central 


A Xunta coloca trampas xeolocalizadas contra as velutinas

29/03/2024 18:18

Póñenas nos mesmos lugares se atoparon niños en anos anteriores

O obxectivo é atrapar as raíñas, que a principio da primavera comezan a construír os primeiros niños


O temporal leva por diante o muro do espigón do porto de Aguete (Marín)

29/03/2024 14:43

O lugar quedou precintado ata que sexa reparado

A provincia de Pontevedra foi a que máis notou os efectos da borrasca, que deixou 163 incidencias das case 400 que se rexistraron en Galicia

Todo o litoral, agás A Mariña, permanece en aviso amarelo por ondas este venres


O aumento das temperaturas funde a capa de xeo que cubría o río Neva ao seu paso por San Petesburgo

28/03/2024 13:24

As pontes sobre o río son o mellor lugar para observar este proceso natural provocado polo aumento das temperaturas na primavera


O desxeo polar ralentiza a rotación terrestre e afecta ao Tempo Universal Coordinado

27/03/2024 18:50

Isto agrega un elemento á discusión sobre como sincronizar os reloxos atómicos coa rotación do planeta

Para axustar ambos os reloxos foi necesario, en varias ocasións desde 1972, engadir un segundo intercalar: facer que un minuto en concreto dure 61 segundos


O temporal pon en alerta practicamente a todas as comunidades españolas

27/03/2024 14:37

A neve convértese nun plan turístico e de lecer na serra de Madrid


15 comunidades con avisos por chuvia, vento, neve ou ondada

26/03/2024 14:45

A cota de neve está arredor dos 1.000 metros

Nas zonas de costa, ambiente gris, chuvia e moito vento, que mantén activos avisos mesmo nas Canarias


Aviso laranxa no litoral de Pontevedra e A Coruña

26/03/2024 14:26

As ondas poderían superar este martes os 8 metros litoral de Pontevedra


As queimas agrícolas volven estar reactivadas desde este martes

26/03/2024 13:38

A Xunta lembra que o permiso deixará de ter validez os días que rexistren forte vento ou altas temperaturas


A borrasca afecta practicamente toda España con chuvia, frío e neve en cota 600

25/03/2024 14:49

No sur a chuvia está obrigando a suspender procesións da Semana Santa 


Volve o tempo inestable con choiva, frío e neve

25/03/2024 14:36

Descenden bruscamente as temperaturas máximas e deixan diferenzas de ata dez graos


Último día de sol antes das borrascas previstas para Semana Santa

24/03/2024 14:23

No sur de Galicia as temperaturas máximas baixan 12 graos de domingo para luns

As predicións apuntan a que pode nevar por enriba dos 600 metros a próxima semana 

Publicidade
Publicidade