Publicador de contidos

Publicador de contidos

A artista galega Carlota Pereiro inaugura un bosque de esculturas na illa da Toxa

A artista galega Carlota Pereiro inaugura un bosque de esculturas na illa da Toxa

Unha exposición coa que pretende sacarnos o neno que levamos dentro cunha volta ás súas orixes

Reflicte a relación tan especial que ela e a súa familia teñen con esta illa da Toxa

Trátase da primeira edición deste proxecto artístico
G24.gal 20/06/2025 21:22 Última actualización 20/06/2025 21:31

Os xardíns do Eurostars Gran Hotel da Toxa acollen a exposición ‘Ninaldea Ninavós’ da artista galega Carlota Pereiro. Un bosque de esculturas que reflicte a relación tan especial que ela e a súa familia teñen con esta illa, unha volta ás súas orixes. A conexión coa natureza, cos amigos e cun mesmo.

Cada unha das sete obras, feitas en aceiro e ferro, representa unha idea pero o conxunto contan unha historia de conexión e de pertenza a este lugar coa que busca envolvernos nunha atmósfera de infancia.

Trátase da primeira edición deste proxecto artístico que terá continuidade cada verán coa obra dun artista contemporáneo. Desta volta a mostra está aberta ao público de balde ata o mes de outubro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade