Aviso amarelo na zona do Miño por máis de 36 graos, con previsión de tormentas
Prevese que pola tarde crezan nubes de evolución que poden derivar en chuvascos tormentosos, máis probables no interior das provincias de Ourense e Lugo

Meteogalicia activou un aviso amarelo para este xoves, 10 de xullo, nos municipios que atravesa o río Miño por temperaturas superiores aos 36 graos.
Este aviso de temperaturas máximas estará activo entre as 15:00 e as 21:00 horas deste xoves.
Prevese que pola tarde crezan nubes de evolución que poden derivar en chuvascos tormentosos, máis probables no interior das provincias de Ourense e Lugo.
Dende onte, mércores, permanece activo un aviso similar por calor na mesma zona do Miño en Ourense e o sur da provincia de Lugo, Valdeorras e concellos do Miño na provincia de Pontevedra. Segundo Meteogalicia, marcou 39,6 grados ás 16:40 ata as 19:00 horas en Ourense.