Un refuxio de animais de Nigrán abre as súas portas a voluntarios por un día
Moitos refuxios de animais están desbordados ante a chegada de mascotas abandonadas
"A illa de Tali", en Nigrán, ofreceulles aos que se achegasen ata alí vivir en carne propia a experiencia do coidado dos animais
Os voluntarios móllanse polos animais, e fano tamén no sentido máis literal, porque para chegar á Illa de Tali, hai que atravesar o río Miñor, en Nigrán.
Neste refuxio, fundado por Natalia Rodríguez, conviven cans, gatos, cabalos, coellos ata un total de 20 especies.
Coidalos require traballo e tamén recursos, por iso, Tali abre a súa Illa para voluntarios dun día.
O obxectivo é "conciencialos de todo o traballo que hai detrás e os coidados aos animais", explica a propia Natalia.
Na súa web ofrecen información sobre os animais en adopción.
Nos próximos días farán unha xornada felina e unha recollida de alimentos.