Contido con Xeográficas .
Ferrol

En liberdade o agresor dun operario da limpeza de Ferrol, que está grave
30/06/2025 14:48
O agresor deulle un golpe na mandíbula tan forte que o derrubou, golpeando a cabeza no chan
Foi un ataque ao chou, cando a vítima baixou do camión axudar os compañeiros

Detido en Vigo por agredir a súa nai cun garfo tras discutir por un bote de perexil
29/06/2025 21:33
A muller xa solicitara unha orde de afastamento pola actitude do fillo en situacións anteriores, pero non lle foi concedida

Fin de semana en busca de tesouros no mercado pirata de Ferrol
29/06/2025 21:26
Os postos de artesanía e as actuacións dos bandoleiros conseguiron atraer os visitantes a pesar da calor
.png)
Remata o Gadis Surf Festival de Ferrol, cinco días de ondas coa elite mundial
29/06/2025 17:30
Celebráronse dúas probas oficiais do circuíto mundial: a Longboard LQS 1000 e a Júnior WSL JQS 1000
Ademais das probas de surf, o festival tivo música en vivo, espazos gastronómicos, ludoteca e mercado artesán

Ferido grave un traballador do servizo de recollida de lixo de Ferrol tras ser agredido de madrugada
28/06/2025 12:41
Un veciño de Narón aproximouse ao operario, e "sen mediar palabra" propinoulle unha puñada na cara, o que provocou que o traballador caese ao chan e sufrise lesións na cabeza
Axentes da Policía Local detiveron o presunto agresor

26/06/2025 16:23
O tribunal do xurado emitiu un veredicto unánime tras dez anos da morte
A Fiscalía pide 32 anos de prisión e as acusacións particulares elevan a petición a 37

Álex López é o novo director da canteira do Rácing de Ferrol
25/06/2025 17:01
Ademais de encargarse da canteira tamén desempeñará outras tarefas administrativas relacionadas co fútbol base
A entidade aposta polo talento local e pola identidade ferrolá

Ferrol volverá contar cos servizos dunha Cámara de Comercio
25/06/2025 14:25
Nos próximos días reabrirán as oficinas da antiga Cámara de Ferrol
Ofrecera apoio e asesoramento ao emprendemento e empresarios

Extinguido un incendio na antiga central térmica de Endesa nas Pontes
24/06/2025 15:06
Varios veciños alertaron o 112 Emerxencias de Galicia antes das 10 da mañá ao ver fume
Operarios da empresa de demolición que traballan na antiga central conseguiron erradicar o lume orixinado nun dos peches da caldeira

Prisión provisional para un home que acoitelou un garda civil en Ferrol
24/06/2025 10:13
A vítima mediou para frear unha pelexa nas festas de San Xoán de Filgueira e os agresores atacárono fóra do campo da festa
O axente, de 43 anos, está destinado fóra de Galicia e identificárase cando se meteu a frear a lea

Veciños e forasteiros deléitanse coa exhibición das alfombras florais en Ares
22/06/2025 19:48
En Ares engalanaron as rúas con flores para celebrar o Corpus
É unha festa de interese turístico de Galicia que atrae miles de visitantes á vila durante a fin de semana

Evacúan en helicóptero unha moza ferida nunha zona de cantís en Pontedeume
22/06/2025 11:38
O operativo de rescate comezou pasadas as dez da noite deste sábado tras a chamada do seu acompañante
A muller ferida foi trasladada e ingresada no hospital da Costa, en Burela

"Non hai forma de xustificalo. Non son eu", di o autor confeso do asasinato de Elisa Abruñedo
20/06/2025 14:35
A Fiscalía conclúe que Elisa sufriu o indicible e non tivo posibilidade de defenderse
As acusacións manteñen as súas penas de 32 e 37 anos de cadea

Einsa Print confirma o despedimento de 90 traballadores en Galicia
19/06/2025 12:03
O expediente de regulación de emprego, segundo a CIG, supón "cesar a actividade produtiva na planta das Pontes" e tamén o despedimento dunha ducia de traballadores na sede de Madrid

A Garda Civil conclúe que Elisa Abruñedo sufriu "violencia extrema"
18/06/2025 14:41
Os investigadores din que as feridas que presentaba o cadáver eran para causarlle a morte

Aparece unha bala nun dos cristais blindados da sede en Ferrol da Axencia Tributaria
17/06/2025 20:02
As pescudas iniciais apuntan a que o disparo puido producirse durante unha liorta ou altercado nas inmediacións
Varios veciños escoitaron uns "ruídos" á media tarde pero ninguén viu nada

17/06/2025 14:48
Na segunda xornada do xuízo pola violación e morte de Elisa Bruñedo en Cabanas declararon tamén varios veciños da zona

O autor confeso do crime de Cabanas acolleuse ao seu dereito de non declarar
16/06/2025 15:06
"Sabía o que facía e quixo facelo", sosteñen a Fiscalía e as acusacións particulares
Solicitan entre 32 e 37 anos de prisión e indemnizacións de ata 600.000 euros

O xuízo contra o acusado da violación e morte de Elisa Abruñedo comeza este luns
15/06/2025 17:49
Fiscalía pide penas que suman 32 anos de cárcere e será xulgado por un xurado popular
A vista está previsto que se prolongue ata o día 20 de xuño, na Audiencia da Coruña

Prestixiosos cociñeiros con estrela Michelin buscan en Cedeira o mellor percebe do mundo
12/06/2025 20:54
Nesta ocasión o mellor percebe foi o de Cedeira
Quedaron finalistas Camelle e A Coruña

Polémica en Cabanas pola corta de árbores no Piñeiral da Madalena
12/06/2025 14:37
Dende o Concello aseguran que están a cortar as árbores para garantir a seguridade cidadá
Os veciños cren que se fai para ampliar o aparcadoiro

O mes de xuño, o favorito para os que escapan da masificación nas praias
10/06/2025 14:11
É sinxelo aparcar o coche e hai moita tranquilidade
Os que se anticipan a agosto buscan escapar das masificacións e buscan prezos máis atractivos

Álex Vázquez avala a fichaxe de Pablo López: "Temos claro cales son os obxectivos"
10/06/2025 13:25
Álex Vázquez confeccionou un equipo de traballo no que ten como man dereita o naronés Diego Rivas

En Narón bailan os campións do mundo de danza coreográfica
08/06/2025 21:50
Narón Kids revalidaron o seu título de campioas do mundo
Forever Narón debutou no Mundial e gañou
.png)
Pablo López: "Queremos volver ao fútbol profesional, pero cos pés na terra"
05/06/2025 15:11
Contará con Valeiro como adestrador de porteiros, David Pérez como segundo técnico e Kiko Corredoira como preparador físico

Dalayah Daniels, reforzo do xogo interior para o Baxi Ferrol
05/06/2025 11:23
Acaba de completar a súa etapa universitaria, en que mediou 11,3 puntos; 6,6 rebotes e 1,6 asistencias cos Washington Huskies

É oficial: Pablo López ocupará o banco do Rácing na próxima tempada
04/06/2025 17:46
David Pérez, como asistente, e Roberto Valeiro, como adestrador de porteiro, acompañarano como parte do seu corpo técnico
O técnico coñece á perfección a entidade, da que formou parte dende xullo de 2020 ata o pasado mes de novembro

Vinganza en Ferrol tras a macropelexa do domingo entre dous grupos de mozos
04/06/2025 14:45
Veciños da zona confirman que houbo unha lea entre persoas de orixe magrebí e de orixe dominicana
Non houbo feridos nin detidos

Pablo López será o novo técnico do Rácing de Ferrol
03/06/2025 11:28
O coruñés xa estivera no cadro técnico do Rácing hai varias temporadas con Cristóbal

A policía de Valdoviño rescata un bañista en apuros na Frouxeira
02/06/2025 14:53
O rescatado, un holandés de 67 anos, quería chegar nadando á Percebelleira
Quedou sen forzas para regresar polas fortes correntes da zona
.png)
Mouriz deixa o Rácing de Ferrol tras o descenso a Primeira RFEF
02/06/2025 12:45
Mouriz: "Como director xeral e deportivo asumo a responsabilidade do sucedido"

Karolina Sotolová, internacional checa, asina polo Baxi
02/06/2025 11:25
Sotolová: "Estou moi emocionada de compartir esta viaxe co equipo e compartir a enerxía cos fans nas bancadas"

Altri e Ence, dous proxectos que xeran debate
01/06/2025 13:49
Contra Altri presentáronse máis de 24.000 alegacións, mentres que o proxecto similar de Ence, unha planta de biofibra reciclada branqueada, pasou desapercibido

Tres dos detidos por unha pelexa en Ferrol intentaran agredir sexualmente unha muller
01/06/2025 13:49
A pelexa produciuse sobre as sete e media da mañá deste domingo e nela participaron unhas 30 persoas
No enfrontamento, varias persoas quedaron feridas e algunhas delas por arma branca; ningún dos feridos reviste gravidade
.jpg)
Rescatadas dúas persoas e un can atrapados pola marea en Ortigueira
31/05/2025 19:23
A parella explicoulle ao 112 que estaban atrapados fronte a Pena Furada e confirmaron que non podía regresar polos seus propios medios
As vítimas da marea mantivéronse en todo momento en contacto cos servizos de emerxencia e seguían as instrucións mentres agardaban ser rescatados
Unha vez rescatados, a embarcación levounos ao porto de Cariño

O Rácing de Ferrol dille adeus á Segunda co desexo de voltar pronto
30/05/2025 15:29
O encontro será o da máis que previsible despedida de boa parte do equipo e do propio corpo técnico

Arranca unha nova edición da Rapa das Bestas da Capelada, en Cedeira
30/05/2025 14:50
Participarán máis de 300 cabalos salvaxes que pastan en liberdade nos montes da zona

30/05/2025 13:43
O 112 Galicia recibiu o aviso ás 20:15 horas a través da chamada dun particular, que informou de que a ferida tiña as pernas atrapadas pola máquina e necesitaba asistencia sanitaria urxente

Preto de 7.000 veciños de Ares beneficiaranse da mellora no sistema de abastecemento de auga
29/05/2025 14:43
O actual presenta problemas de presión e subministración, sobre todo nos meses de verán
Alfonso Rueda di que é proxecto ambicioso pensado para mellorar a vida dos veciños e visitantes e facilitar a actividade empresarial

Ence prevé empezar en 2026 as obras da súa nova fábrica nas Pontes
29/05/2025 14:40
A empresa asegura que o proxecto pode chegar a xerar máis de mil douscentos postos de traballo
O plan recibiu un aval fundamental coa declaración de impacto ambiental da Xunta